O Comité de Traballo e Benestar da Coruña, entregou o mércores 30/10/2013 unha carta-pancarta dirixida á Xefa Territorial da Coruña de Traballo e Benestar. Solicitan a implicación da Xefa Territorial para solucionar a falta de recursos que están a padecer os Centros dependentes do departamento presidido pola conselleira Beatriz Mato.
 
Representantes do Comité de Traballo e Benestar da Coruña, membros dos sindicatos CIG, UGT e CSIF, entregaron no rexistro,  omércores 30 de outubro de 2013, unha carta pancarta de 7 metros de largo por 1,50 de ancho, que levaba redactada unha carta dirixida á Pilar Caridad, Xefa Territorial de Traballo e Benestar na Coruña.

Na misiva xigante o Comité de Empresa denuncia a situación de falta de recursos que están a padecer as Residencias de Maiores, os Centros de Menores, as Escolas Infantís, o CAPD e o resto dos centros dependentes da Xefatura Territorial de Traballo e Benestar. Asi mesmo solicitarón o envio de copia á Secretaría Xeral en San Caetano, demandando a implicación destes altos cargos para solucionar a problematica que están a padecer tanto os traballadores como os usuarios dos mesmos: xornadas de traballo abusivas e estresantes, imposibilidade de conciliación da vida laboral e familiar, non entrega de roupa de traballo, incumprimentos de prevención de riscos, minoración de medios e recursos para a atención directa dos usuarios e insuficiencia de persoal para atender as necesidades dos usuarios.

O Comité de Empresa considera que esta situación de desamparo do persoal e dos usuarios dos centros de Traballo e Benestar, amplificase cunha nefesta xestión da conselleira Beatriz Mato, que práctica a prepotencia, a imposición e a falta de dialogo cos representantes do persoal mantendo a calada por resposta ante as peticións de solución aos problemas prantexados dende o Comité de Empresa e que teñen como consecuencia a baixa na calidade das prestacións e a sobreexplotación labora dos traballadores.
 
O Comité de Traballo e Benestar de A Coruña levou adiante este acto de protesta para denunciar publicamente esta situación e buscar solucións aos problemas de traballadores e usuarios dependentes da Xunta de Galicia.