Estamos vendidos... Estamos vendidos... Este é o sentimento xeralizado no persoal de atención directa no CAPD A Coruña.

Cada vez que hai un incidente serio cos rapaces e algún rapaz sae lastimado, o Director, a Médica, as Responsabeis de Área inmediatamente buscan as culpabilidades no persoal de atención directa.

Todo isto ocorre cando o persoal de atención directa ten que lidiar sos con situacións tremendamente difícis e perigosas.

Todo isto ocorre cando o persoal de atención directa sofre continuamente agresións dos rapaces conflitivos.

Todo isto ocorre cando o Director despreza as insistentes peticións do Comité de que a Dirección teña xuntanzas co persoal de atención directa para tratar sobre os casos problemáticos.

Todo isto ocorre cando o Director despreza ao Colectivo de Coidadores que en dous escritos asinados por 45 persoas solicita o elemental: ter xuntanzas e ter protocolos.

Non queren.

Hai un primeiro motivo fundamental: BUSCAR A DIVISIÓN DO PERSOAL, QUE CON XUNTANZAS AGRUPARÍASE, UNIRÍASE. Daí que todo sexa individual. Dai que todo sexa de Dirección a traballador. Daí que fagan enquisas para ser cubertas individualmente.

 
Hai un segundo motivo fundamental: A DIRECCIÓN MANDA, E O PERSOAL NON PINTA NADA. Daí que non contesten os escritos do Comité, dos Colectivos.....

 
Hai un terceiro motivo fundamental: NON PODE ORGANIZAR NADA QUEN ESTÁ DESORGANIZADO e pretende dirixir desde os despachos cando dos rapaces quen máis sabe é o persoal de atención directa.

 
Hai outro cuarto motivo fundamental: QUEREN QUE O CENTRO FUNCIONE COMO FUNCIONA. Rutinariamente. Sen nada especial. Sen nengunha perspetiva. Como grandes aparcadoiros nos que cada quen fai como mellor pode.

 
Daí o albergar a 26 rapazas e rapaces das Unidades 21, 22 e 23 nun único espazo porque o único que lles importa é ter xuntos ao maior número de rapaces, en base ao menor número de persoal coidador.

O menor número de Coidadores, o menor número de Educadores, o menor número de Camareiras. O menor número de persoal de Cociña. Esa é a filosofía do Director. Esa é a filosofía da Consellería. Esa é a filosofía do Partido Popular. Gastar o menos posíbel nos Servizos Públicos.

Por iso aumentaronos as horas de traballo; quitáronnos as compensacións dos domingos e festivos; fannos traballar dous fins de semana sí, un non, dous fins de semana, un non...roubannos a paga extra....danlle millóns de euros ás Empresas amigas. Favorecen a uns traballadores, e a outros non para que esteamos divididos. Esa é a responsabilidade, esa é a culpabilidade de quen goberna. Despois está a responsabilidade dos traballadores de facerlles o xogo ou non.