so na escuridadeA reunión do 30 de setembro coas conselleiras de Facenda e Sanidade engade outra capa de betume ao futuro retributivo do persoal da administración pública galega. Despois de comezar explicando o panorama económico de Galiza, do que somos conscientes pero non causantes, comunicáronos que ían aplicar o artigo 38.10 do EBEP e suspender todos os acordos salariais que estaban en vigor (saúde e xustiza). Limitaranse a aplicar unicamente o acordo do 0,3% de Madrid, e iso porque lles resulta obrigatorio. O que non se aclarou é que vai pasar co outro 0,3% que na Administración Xeral do Estado vai ao fondo de pensións e que na Xunta ven dando lugar ao reparto lineal entre todo o persoal.

Outros aspectos retributivos que se van ver afectados serán o Fondo de Acción Social, que quedará conxelado. Convén recordar que no programa eleitoral do PP, xa en plena crise, se prometía acadar o 1% da masa salarial para este fondo. Por suposto, quedou tamén confirmada a súa intención de aprazar a lábil promesa de desenvolvemento da carreira profesional, continuamente defendida pola CIG-Autonómica.  Que é o que cambiu agora? Da máis vertixe o gasto público dende a altura do poder? Pois parece que non para todas as persoas xa que, apelando á solidaridade colectiva e ao principio de progresividade fiscal, preguntouselle sobre a retirada do sobresoldo de 210€/mes ás xefaturas territorias e deron a calada por resposta. 

En definitiva, non teremos ningún acordo salarial para os próximos anos e os que xa estaban asinados non van ser respectados. Con este tipo de decisións a Xunta  demostra o seu talante máis liberal no que os servizos públicos, e as traballadoras e traballadores que os desenvolvemos, non son (e somos) máis que números incómodos nos orzamentos autonómicos.

A loita polos teus dereitos é o luar na noite escura.

Ligazóns relacionadas:

As inmoralidades dunha conxelación salarial anunciada

Boletín especial conxelación salarial

A CIG-Autonómica solicita a implantación da carreira profesional na Xunta