A consellería de Sanidade ven de entregarnos, por fin, o seu borrador do plan de ordenación de recursos humanos dos laboratorios de saúde pública. Temos de prazo ata o venres para presentar alegacións.

Despois de que o xoves 14 vivíramos unha tensa xornada na xuntanza pola RPT da consellaría de Sanidade, por fin poñen enriba da mesa a documentación (incompleta) e se deixan de trapalladas e presións individuais. Porque un plan de ordenación como este non pode despacharse con ofertas verbais e data decaducidade.

Os motivos para a bronca do xoves foron moitos, pero centrándonos no referente aos laboratorios:

- Días antes comprometéranse a entregar documentación, e inda non o fixeran.

- Estábaselle a dicir ao persoal que o venres 15 tiñan que decidir se aceptaban ou non a opción que se lles presentaba, sen ningún tipo de comunicación formal nin negociación.

- Pretenden solucionar a situación a algunhas persoas vía modificación da RPT (3 funcionarios e 5 laborais). Din que son xente que xa prestan servizos fora dos laboratorios. Preguntados se estaban en comisión de servizo respostan que non, polo que o cabreo da CIG aumenta xa que están a recoñecer que tiñan ao persoal irregularmente desprazado do seu destino. E esto o afirma unha subdirectora xeral e unha xefa de servizos de recursos humanos.

Uns días despois descubrimos que unha das persoas á que lle arreglan a situación é parella dun ex-delegado provincial de sanidade dos tempos de Fraga. E os demais? Veremos.

Demandamos que separen a negociación dos laboratorios do que é o conxunto da RPT de xeito que ningún posto dos laboratorios sufra ningún tipo de modificación na RPT ata que finalice a negociación. Demandamos que nos entregen a documentación comprometida, nos convoquen, poñan enriba da mesa a relación de persoas afectadas e as distintas posibilidades como paso previo a podermos chegar a un acordo global que poida satiafacer á maior cantidade posíbel de persoas afectadas, establecendo criterios (por exemplo, antiguidade) para os casos en que varias persoas estivesen interesadas nun mesmo posto.

Respecto da documentación entregada, está incompleta: inda que o persoal temporal e indefinido sabe que vai ir para Lugo, non sabemos que vai ocorrer coas prazas das persoas que ocupan postos de persoal fixo, funcionario e laboral). Descargar