Novas por contido

Os números son os que son: na áera de Benestar son 52 o total de amortizacións e 8 as creacións; na área de Traballo din "compensar" a perda de 221 técnicos/as de emprego con 24 novas creacións. Alegan axustes orzamentarios, porén os contratos, convenios, concertos con empresas e/ou entidades do máis diverso gozan dunha boa saúde.

O 21 de novembro houbo unha primeira reunión sobre a proposta de modificación de RPT da consellaría de Traballo e Benestar. A actitude da secretaria xeral, whasapeando durante boa parte da reunión é un bo indicativo do espírito negociador da consellaría.

Área de Benestar

Pretenden destruir 52 postos de traballo, dos cales 40 son vacantes puras, pero ocultando dicir que son puras porque nunca quixeron cubrilas. Pensan crear 8 postos polo que temos unha destrución neta de emprego público de 44 postos de traballo. A realidade é que están amortizando postos de atención directa de servizos sociais (asistentes sociais, educadores/as, coidadores/as, aux. enfermería, coordinadore de menores, mestres...) para crear un puñado de postos administrativos de xefaturas de negociado e seccións.

Non estamos de acordo con que se amorticen estes postos, e que sexan vacantes puras non quere decir que sobren; non se cubriron para poder amortizalas porque ser son necesarias xa que teñen os centros coas plantillas a minimos.

No apartado de "Modificacións" destaca os postos aos cales lles engaden "itinerancia". Parécenos intolerable que postos precarios que xa son de media xornada, ainda se precaricen e penalicen mais poñéndoas itinerantes. Queremos saber que é o que pretenden coa itinerancia, e porque se pon itinerancia no servizo de dependencia de Lugo, cando no resto non o teñen. A consellaría responde que non era o espíritu da proposta que foran itinerancias continuadas e indiscriminadas, e non andar movendo ao persoal continuadamente, polo que estudiaran a proposta de uns criterios para un acordo a este respecto.

Parécenos ben que se elimine a privatización de vixiancia de noite na Residencia Volta do Castro, pero parécenos infumable que quede na Porta do Camiño, e se traslade a dous ordenanzas dese centro para o centro anterior.. Hai unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que considera o despedimento dos ordenanzas temporais que ocupaban as prazas que amortizaron para meter a empresa de seguridade como improcedentes, porque non esta xustificado que se amorticen prazas existentes con esas funcións para contratar empresas externas, e os/as despedidos van ser indemnizados...todo esto con cartos públicos...e que insititimos que daremos a coñecer con todo detalle aos medios de comunicación porque a cidadania debe saber en que se gastan os seus cartos.

Neste apartado de "Modificacións" explican o seguinte sobre o CAPD A Coruña: "No CAPD de Coruña prodúcese un progresivo aumento do número de usuarios, polo tanto é necesario que determinadas plazas xa existentes na relación de postos de traballo que prestan os seus servizos en fin de semana pasen a prestar servicios en xornada ordinaria semanal." ESte centro xa está moi xusto de persoal e estes 7 coidadores a semana completa xa son necesarios agora, antes de que entren estas 10 novas persoas usuarias.

Área de Traballo

Estamos de acordo coa creación de prazas, pero dende logo non que se eliminaran 112 postos técnicos, mais 109 de promotores de emprego, e sé creen 24 en compensación. Por outro lado, sospeitamos que moitas desas prazas xa teñen dono. A consellaría responde que "seguirán directrices de Función Pública".

Queda a consellaría de achegarnos a memoria económica e a táboa de equivalencia de postos para poder estudar a documentación e poder presentar alegacións máis detalladas por escrito.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...