Novas por contido

Da apertura da Escola Infantil. Dende maio en que solicitamos unha primeira reunión con el ata hoxe citounos dúas veces e non apareceu. Non sabemos si a Consellaría de Traballo se vai facer cargo da apertura da Escola Infantil ou vai ser a de Presidencia. Nós sospeitamos que sinxelamente NON queren poñela en funcionamento. Estase esgotando o prazo de negociar con Facenda e elaborar os anteproxectos de Orzamentos das Consellarías e non hai indicios de que vaian dotar de persoal este centro.


Do destino do edificio da antiga Delegación de Sanidade. A prestación dun mellor servizo aos cidadáns esixe unha distribución racional e axeitada dos espazos físicos destinados a tal fin. A falla de espacio suficiente no novo edificio supuxo que algúns servizos non foran trasladados a el, polo que compre unha reordenación dos mesmos. A petición do persoal afectado, conseguimos da anterior Administración o compromiso por parte de Vicepresidencia, Sanidade e da secretaría xeral e do Patrimonio de trasladar alí determinados servizos. Apostábamos por facer da antiga sede de Sanidade un centro de prestación de servizos sociais e sanitarios de carácter administrativo. Poren, o anterior conselleiro Méndez Romeu, decidiu que fose ocupado pola Fiscalía. Hoxe está proxectada unha nova sé xudicial na Parda, polo que recuperar a antiga Delegación de Sanidade para concentrar servizos hoxe dispersos debería ser a meta dunha administración moderna que se rexe polos principios de eficiencia e eficacia.

Da posta en marcha dos servizos médicos no edificio.

Das medidas paliativas ou correctoras dos defectos estructurais do edificio administrativo.

Da posta en marcha de medidas relativas ao control da actividade das asistencias técnicas, especialmente no Departamento Territorial de Medio Rural (Moción de febreiro de 2009 do Tribunal de Contas ás Cortes Xerais).

De dar cumprimento á lei 4/2006, de 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas e dar conta aos traballadores do número de asesores e persoal eventual existente no edificio administrativo e o seu custe. Queremos salientar que 1 asesor=1.000 auxiliares. O custe medio dun asesor (persoal eventual) é igual ao incremento salarial do 0,3% (asinado por CCOO, UGT e CSIF) de todos os traballadores do edificio.

Da supresión das conductas ostentosas dos cargos públicos en tempos de crise. Reducción do despacho e dependencias do delegado. Este delegado remodelou o seu despacho e as dependencias da Delegación Territorial incrementando nun 300% o espazo con respecto ao da anterior delegada, coa contravención, a maiores, da disposición de orientar os despachos cara ao interior. Pedimos unha reducción da multitude de cubículos orientados cara ao exterior para albergar aos seus asesores, como medida real e simbólica da austeridade pregonada polo PP.

Pero Tourís non quere falar de nada disto. Despois de solicitar 4 veces unha entrevista con el, e de que nos citaran 2 veces sen que ao final aparecese, decidimos pór no teu coñecemento a actitude deste personaxe.

A pesar de ter atribuídas, polo Decreto 245/2009 onde se regulan as delegacións territoriais, as competencias relativas á xefatura de persoal da delegación territorial, el prefire inhibirse.

Prefire inaugurar beirarrúas ou frecuentar a Feira do grelo. Prefire facerse ver e preparar as próximas municipais antes que escoitar e solucionar os problemas que afectan aos empregados e servizos públicos de Pontevedra.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...