A consellaría de Traballo presenta a segunda gran amortización de postos de traballo nun prazo de nove meses e continúa na deriva da súa precarización.

Nun acto de arrogancia e chulería, Traballo elimina os postos de coordinación dos equipos tanto de menores como da dependencia. Son postos que foran ocupados durante cinco anos por persoal de confianza e que tan so levaban sete meses ocupados polo persoal que concurriu a eles no último concurso de traslados de persoal laboral. Esto amosa que ao órgano directivo e político da consellaría de traballo non lle satisfai que haxa persoal laboral que poida ocupar postos de responsabilidade, de mando intermedio, con criterios de profesionalidade e de caracter técnico, polo que procede agora á súa fulminante eliminación, encargando a partires de entón todas as tarefas de coordinación a postos de libre designación política (xefatura de servizo de menores e xefatura de servizo de coordinación de centros, respectivamente).

Lembremos que o servizo de coordinación de centros foi creado na anterior reforma da RPT de traballo coa posición contraria das OO.SS por crearen postos sen contido e de carácter político a vez que amortizaban centos de postos de traballo nas oficinas de emprego, nos centros da dependencia, nos de asistidos, nos de atención a persoas discapacitadas...

O outro pé desta modificación da RPT é a precarización de moitos postos de traballo; a saber, persoal técnico de xardín de infancia  a media xornada para responder á prolongación de horario das escolas infantís; pasa a ser itinerante, continuará a media xornada e estará a disposición das xefaturas territoriais para mudar de centro de traballo dun día para outro. O mesmo acontece con outros postos de xornada completa, camareiros/as limpadores/as e TEXIS. CINISMO.

Por outra banda, Traballo xustifica a creación de 32 postos de traballo para as oficinas de emprego -despois de ter eliminado 109 promotores/as e 112 orientadores/as no ano 2012- para realizar tarefas de orientación laboral e procedementos de búsqueda de emprego, entre outras. Estes 32 traballadores/as non procederán das listas de contratación cunha ampla experiencia no servizo público de emprego; NON, estes postos serán ofertados en adscrición provisional aos xerentes das extintas fundacións de desatrollo comarcal e que están na súa casa cobrando a totalidade das retribucións dende o 21/06/2012.

O cinismo da Consellaría de Traballo e do Benestar non ten límites polo que a CIG esixe a súa inmediata demisión.