O venres 29 de novembro tivemos unha xuntanza co Director Xeral da Función Pública na que, entre outros asuntos, se nos facilitou información do estado dos concursos de traslados e das eleicións de destino de quenes están agora en destino provisional.

Concurso de administración especial:

  • Houbo 616 solicitudes para 670 postos, con 341 adxudicacións.
  • Para a fase de resultas enviaron 160 postos ás consellarías e retiraron 5.
  • Teñen intención de publicar a lista definitiva antes do 15 de decembro.
  • A toma de posesión será por febreiro, antes dos de corpos xerais.

Concurso xeral:

  • Foron 3033 solicitantes para 1085 prazas, con 807 reclamacións.
  • A toma de posesión será por febreiro, despois dos de cospos especiais.

Concurso informática:

  • 66 solicitantes para 105 postos.
  • A toma de posesión será a finais de xaneiro ou primeiros de febreiro.

Concurso finanzas:

  • 35 solicitantes para 91 postos.
  • A toma de posesión será a finais de xaneiro ou primeiros de febreiro.

Concurso das escalas sanitarias (lei 17):

  • Demandamos a negociación do concurso de traslados deste persoal, advertindo que seremos belixerantes en canto que non consentiremos que o leven directamente á Mesa Xeral tras xuntanzas previas no ámbito da Mesa Sectorial do persoal Estatutario como pretende e retrunca a Directora Xeral de Recursos Humanos de Sanidade (quen estivo presente na xuntanza para tratar outro asunto).
  • A DXRRHH de Sanidade mantén a súa postura de que o persoal da lei 17 é de competencia súa e considera que a negociación na mesa de estatutarios é correcta.
  • A CIG-Autonómica advirte que esto é un exceso do que di a lei, que o persoal é funcionario e somos nosoutros os seus representantes. Non consentiremos que o negocien con quen non representa ao persoal e o leven á Mesa Xeral xa masticado noutro ámbito como pretende Sanidade.

Advertimos de erros no concurso de xeral:

  • Xente que se xubilou e renunciou ao concurso, pero que continua saindo nos listados. O DXFP recoñece o erro e comprometeuse a revisalo.
  • Xente que apareceu en listado definitivo de admitidos/as e desapareceu no listado provisional de méritos. Aquí o DXFP solicita máis información. Xa lle adiantamos o nome dalgunha persoa da que temos coñecemento. Se é o teu caso podes contactar connosco no correo autonomica@cigadmon.gal (facilitanos o teu nome e documento de identidade).

Libres designación e concurso de méritos:

  • Pedimos a Función Pública que vixiara os casos da xente que concursou dende un posto de LD e que despois vai tentar manterse en LD en comisión de servizos. Pedimos que se lles obrigue a tomar posesión e permanecer un tempo mínimo na praza de concurso. Asegura o DXFP que non o vai consentir estes abusos.

Eleición de destino definitivo:

  • Nestes intres están na procura de prazas para o destino definitivo dos procesos selectivos que están en provisional. Son 237 persoas dun total de 24 promocións.
  • Van ofertar todas as vacantes da 1ª fase do concurso de especiais e vacantes desertas da fase de resultas. So van engadir duas prazas non ofertadas no concurso porque non lles chegan as que teñen: unha en arquitectos técnicos e outra en escala de museos. As dúas novas vacantes non entraron no concurso por “causas xustificadas” (unha foi por xubilación).
  • A orde dos chamamentos será por data dos nomeamentos como funcionarios da escala.
  • Tan so se saltan esa orde nos casos en que existen prazas compartidas entre varias escalas e as necesitan para unha delas por falta de prazas. Son en arquitectos técnicos e en enxeñeiros técnicos forestais. Estes dous van primeiro, por necesitar as prazas compartidas con outras escalas.
  • Hai 6 postos comúns a todas as enxeñerías. Esto lles obriga a facer os chamamentos escalonadamente pois non saben o que pode quedar vacante dun chamamento a outro.
  • Hai 25 postos con requisitos imprescindíbeis. Terán que traer para a eleición de destino certificación de que se cumpren os requisitos por parte da consellaría á que figura adscrita o posto. Son, por exemplo, delineantes e enxeñeiros agrónomos...
  • Comezarán a eleición de destino o 12-13 de decembro. Seguirán o 20 de decembro. Despois o 8 de xaneiro. O cronograma definitivo dependerá desas 6 prazas compartidas.