Novas por contido

Nestes días os laborais da Xunta foron bombardeados cun panfleto onde se recoñece que os recortes non só os practica a nosa empresa, a Administración Autonómica da Xunta de Galiza, senón que tamén hai unha organización sindical que recoñece abertamente o seu dereito a recortarnos.

O V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta, plenamente vixente, foi cercenado brutalmente pola Lei 1/2012 de medidas do emprego público e polo Real Decreto Lei 20/2012 de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e o fomento da competitividade.

Estas dúas disposicións suspenderon o noso dereito ao goce dos días adicionais por antigüidade -tanto para vacacións como para asuntos propios-, suspenderon aqueles acordos que fosen máis alá dos 22 días hábiles de vacacións -ex. 30 días hábiles de vacacións cando o seu goce non puidese ser no período estival-, fixaron en 3 os días anuais de libre disposición....

O persoal funcionario paliou estes recortes a través da resolución do 12 de marzo de 2013, da dirección xeral da Función Pública pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas. Os laborais vimos nesta Resolución unha posibilidade de mellora e conquerimos que o comité intercentros asinase o acordo para a aplicación ao persoal do V convenio o réxime de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario.

Con este acordo, que non foi asinado por UXT e a CSIF, non revertemos os recortes da Lei 1/2012 e do RDL 20/2012, pero sí conquerimos melloras como o incremento dos días de libre disposición en troques dos festivos nacionais que coincidan en sábados (4 LD no 2013 e 5 LD no 2014), a compensación de dous días adicionais se os días 24 e 31 coinciden en sábado, domingo ou día non laborable e, de traballar algún destes días, gozaranse dous días adicionais...

Este acordo foi recorrido en conflito colectivo e o Tribunal Superior de Xustiza o invalidou ao considerar que o comité intercentros sí pode negociar un convenio novo pero non modificar o mesmo.

Conclusión. Seguemos co dereito ás melloras alcanzadas no acordo do comité intercentros con Función Pública polo que se aplica o réxime de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario xa que a sentenza de recortes foi recorrida pola Administración da Xunta de Galiza, pola CIG e por CC.OO.

Outras novas recentes

Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...
Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.