Co motivo da publicación da resolución definitiva do concurso de Administración especial no DOG do 10/12/2013, Función Pública está levando a cabo os actos de elección de destino definitivo ás persoas que se atopaban en destino provisional. Estes destinos provisionais foron moi demorados no tempo dado que o último concurso de corpos especiais foi convocado no 2004 e desde entón tivo lugar a resolución de varios procesos selectivos de diversas escalas, sen que se producise unha nova convocatoria do concurso ata o 2012.

Con unha marxe de tempo bastante escasa, Función Pública vainos mandando as diferentes listaxes para alegar e posteriormente publicando a oferta definitiva de prazas no seu web e por último as convocatorias dos actos de eleccion no DOG. Recentemente nos chegou información da data de elección e listaxes de postos de dúas novas escalas: enx. agrónomos e enx. téc. industriais. A información actualizada dos diferentes actos de elección de destino definitivo a tedes na seguinte ligazón.

Posteriormente, cando rematen os distintos actos, publicarase no DOG a data de incio dos prazos posesorios que serán conxuntos coas persoas adxudicatarias do recente concurso. Recordar que os ditos prazos foron motivados recentemente trala modificación do Decreto 93/1991, de provisión de postos.

Información achegada por Función Pública

Aspirantes convocados a elixir destino definitivo: 233.

Postos ofertados: Os que quedaron desertos na primeira fase e na fase de resultas do concurso de traslados.

Engadíronse dúas prazas vacantes sen ocupación que non se ofertaran no concurso por ser o número das dispoñibles inferior ao de aspirantes en destino provisional na escala

Arquitectos técnicos: 1, nivel 25, Ourense

Técnico superior de museos: 1 nivel 20, Ourense

Engadiuse unha praza vacante sen ocupación que non se ofertara no concurso a petición consellería medio ambiente, territorio e infraestruturas:

A dita praza está adscrita a Area de Autorizacións e Concesións na Subdirección Xeral de Xestión de Dominio Público Hidraulico, n 26, en Santiago de Compostela e se atopa vacante desde novembro de 2012 polo falecemento do seu titular. Consideran imprescindible a súa provisión para o funcionamento do servizo. No concurso de traslados quedaron desertos 11 postos do mesmo nivel e localidade.

Excluíronse da oferta 9 prazas vacantes sen ocupación, por estar prevista a súa amortización (lei orzamentos para o ano 2013):

Consellería de Cultura, educación e ordenación universitaria:

- 1 Técnico/ superior de museos no museo etnolóxico de Ribadavia.

- 2 Técnico Medio de Bibliotecas en Santiago

- 1 Técnico Medio de Bibliotecas en Lugo

- 1 Técnico Medio de Bibliotecas en Ourense

Consellería do Medio Rural e do Mar

- 1 Técnico en microbioloxía no Instituto Tecnolóxico para o control do Medio Mariño en Vilagarcía de Arousa

- 3 Técnico investigador no Centro de Investigacións Mariñas Corón- Vilanova de Arousa.

Distribución por consellerías dos postos que se van a ofertar:

Presidencia da Xunta 1

Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza 2

Economía e Industria 54

Cultura, Educación e Ordenación Universitaria 35

Facenda 3

Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas 116

Medio Rural e Mar 198

Sanidade 4

Traballo e Benestar 8

Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza 2

 

Total 420

 

- A exclusión da oferta de 9 prazas vacantes sen ocupación, por estar prevista a súa amortización (lei orzamentos para o ano 2013):

Consellería de Cultura, educación e ordenación universitaria:

- 1 Técnico/ superior de museos no museo etnolóxico de Ribadavia.

- 2 Técnico Medio de Bibliotecas en Santiago

- 1 Técnico Medio de Bibliotecas en Lugo

- 1 Técnico Medio de Bibliotecas en Ourense

Consellería do Medio Rural e do Mar

- 1 Técnico en microbioloxía no Instituto Tecnolóxico para o control do Medio Mariño en Vilagarcía de Arousa

- 3 Técnicos investigadores no Centro de Investigacións Mariñas Corón- Vilanova de Arousa

Unha vez publicada a resolución do concurso convocarase a elección de destino definitivo aos funcionarios en destino provisional. Está previsto publicar a resolución do concurso no DOG do martes 10 de decembro de 2013.

Seis postos comúns a todas as enxeñerías obrigan a separar os actos de elección de destino para proceder a súa oferta sucesiva.

Está previsto convocar os primeiros actos de elección de destino no DOG do mércores 11 de decembro de 2013. Estes actos terán lugar o venres 13 de decembro.

As escalas que se convocan son

- Facultativos de bibliotecas (2)

- Delineantes (7)

- Enxeñeiros técnicos de obras públicas (18)

- Arquitectos técnicos (24)

- Enxeñeiros técnicos forestais(23)

- Enxeñeiros industriais (15)

- Arquitectos (14)

- Axudantes de bibliotecas (10)

- Inspección urbanística (5)

- Facultativos de arquivos (3)