En 2012, canda a lei de medidas, a Xunta aseguraba que co recorte salarial aos empregados públicos galegos en caso de baixa por IT aforraría unos 80 millóns de euros ao ano.

A finais do ano pasado, cando se aprobou nos orzamentos o recorte nas dúas pagas extras en 2013, a Xunta anunciaba un aforro de 125 millóns de euros no ano.

En contraste con isto, e a pesar das recomendacións do Consello de Contas desde 2010, a Xunta está a actuar como avalista de empresas privadas en risco de falencia (quebra) por máis de 154 millóns de euros, dos que xa leva desembolsados 19 millóns. Nin que dicir ten que, tratándose dun goberno do ex partido de Bárcenas, podemos confiar sen o menor atisbo de dúbida na ausencia de calquera consideración política ou cadea de favores na concesión deses avais.

Resulta reconfortante comprobar que os salarios expropiados aos traballadores públicos galegos están tan ben empregados, seguindo criterios de austeridade, competitividade e libre mercado.

Ligazón: [Faro de Vigo]