Damos traslado da información que nos facilita a Direción Xeral da Función Pública respecto á situación dos concursos de traslados e eleicións de destino que están próximas a publicación:

I.- CONCURSO PARA A PROVISIÓN DE POSTOS VACANTES NA ESCALA DE FINANZAS

Ámbito: Persoal funcionario da Xunta de Galicia das escalas superior (A1) e técnica (A2) de finanzas.
Publicación das bases da convocatoria: DOG do 7 de agosto de 2013.
Nº de postos ofertados: 91
Nº de postos que potencialmente poden ofertarse na fase de resultas: 12
Nº de participantes: 33
Publicación das puntuacións provisionais: DOG do 19 de decembro de 2013.
Os interesados poderán presentar reclamacións contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles que se contarán desde o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia.

II.- ELECCIÓN DE DESTINO DEFINTIVO DE FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL EN DESTINO PROVISIONAL.

 

Unha vez publicada a resolución do concurso para a provisión de postos vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia (DOG do 10 de decembro de 2013) procedía convocar a elección de destino definitivo aos funcionarios en destino provisional.
Funcionarios convocados a elixir destino definitivo: 233.

Escalas: 20
Postos ofertados: Os que quedaron desertos na primeira fase e na fase de resultas do concurso de traslados.
Eleccións de destino xa realizadas:
Día 13 de decembro: Facultativos de bibliotecas, delineantes,enxeñeiros técnicos de obras públicas, arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos forestais, enxeñeiros industriais, arquitectos, axudantes de bibliotecas, inspección urbanística, Facultativos de arquivos.
O resultado dos actos de elección de destino están publicados na web www.xunta.es
Próximas eleccións de destinos:
Día 20 de decembro (DOG do 18 de decembro):
- Enxeñeiros de minas (2):  10:00
- Biólogos (9) 10:15
- Subinspección urbanística (12): 10:45
Os actos de elección de destino dod funcionarios en destino provisional das restantes escalas reanudaranse despois do 6 de xaneiro de 2014:
Enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos industriais, enxeñeiros de telecomunicacións, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de camiños, canles e portos.