Novas por contido

Agora, a finais de ano, os responsables da Axencia Tributaria de Galiza (ATRIGA) acórdanse do que non diron feito en todo o ano. Dícese, normalmente, que facer horas extras non adoita a obedecer a que haxa moito traballo, senón a que este está moi mal organizado.

Non sabemos exactamente a que se debe esta morea de horas extras que, ademais de nos Servizos Centrais da ATRIGA, tamén se están facendo na totalidade das delegacións.

En Compostela, na súa sede central, fanse todas esas horas a varrer polas tardes. Pero para isto non vale calquera, creáronse unha especie de grupos de traballo onde só participa xente da escala finanzas, na súa inmensa maioría persoas que ocupan xefaturas de servizo e subdireccións. Debe de ser porque son as que máis sofren a crise...

Dá o mesmo que alguén se ofreza para traballar, para botarlles unha man, hai compañeiras e compañeiros dentro desa axencia que están acollidos a unha flexibilidade horaria que lles obriga a ir polas tardes a traballar. Pero non, esa xente non vale, porque é un “traballo moi técnico”. En fin, de seguro que o que non ten moito problema técnico é a conta corrente que estes compañeiros e compañeiras engordan nestas datas. Estes si que non sofren o recorte do específico na extra. Cantas horas levan acumuladas? Descoñecemos oficialmente nin a cantidade nin quen está a recibir estas gratificacións. Lembramos que os órganos de representación teñen que ter coñecemento destes incrementos retributivos, así que estamos á espera de que a ATRIGA nos comunique eses datos.

O feito de facer horas extras non é aceptable e menos nesta axencia. No momento da creación da ATRIGA falouse de tentar fidelizar ao persoal traballador que traballaba nesta axencia, falouse de crear unha escala de axentes tributarios do C1, falouse de cubrir estas prazas por promoción interna, incluso se vendeu publicamente que se poderían chegar a convocar oposicións públicas. Ao final nada de nada, horas extras para as persoas que máis teñen.

Dende a CIG nos Servizos Centrais da Xunta, pedimos que cesen este tipo de favores clientelares que ademais se producen, claramente, por unha falta de organización. Se necesitan facer horas extras que contraten a máis persoal, non se pode estar amortizando prazas e facendo horas ao mesmo tempo. Isto non obedece a algo puntual senón que se reproduce ciclicamente, todos os anos estamos no mesmo, que o planifiquen un pouquiño mellor, non mais.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...