O día 20 de decmebor, ás 12:30 h, a comparsa reivindicativa da CIG procedeu a entregarlle un agasallo ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O mesmo carbón que se negou o ano pasado a recoller como premio e recompensa ao seu comportamento cara nós durante este ano 2013. Daquela os representantes sindicais quixéronllo entregar ao rematar a celebración do Consello da Xunta, deste ano entregámosllo por rexistro.
 
Posteriormente, a comparsa reivindicativa da CIG fixo un pasarúas polas distintas unidades administrativas de San Caetano cantando panxoliñas e repartindo medallas, parodiando esas entregas de medallas que tanto lle gustan ao noso presidente.
 
Lembramos que son moitas as cousas que temos que agradecerlle a Feijóo e que van favorecer a súa carreira en Madrid: as privatizacións dos servizos públicos, os recortes, os despedimentos, as asistencias técnicas para facer o noso traballo, os asesores políticos, os gastos suntuarios, levar a Administración de xeito clientelar (persoal directivo,comisións de servizo...), facer uso político dos nosos dereitos (flexibilidade horaria, concursos, promoción interna...), non querer acatar as sentenzas que lle obrigan a devolver a parte devengada da paga extra do 2012 e, por suposto: por agasallarnos en exclusiva cun novo recorte para o 2014 nas pagas extras, que non van poder desfrutar de igual xeito o resto de traballadoras e traballadores públicos.

 
*****************************

VIDE, VIDE, FUNCIONARIOS, FUM, FUM, FUM

VIDE, VIDE, FUNCIONARIOS, FUM, FUM, FUM

A CANTAR A FRIJOLITO QUE NOS QUERE RECORTAR

POR UN LADO OS SALARIOS E POR OUTRO AS NOSAS PRAZAS, FUM, FUM, FUM

 

HOXE É 20 DE DECEMBRO, FUM, FUM, FUM

ONDE ESTÁ A NOSA EXTRA? FUM, FUM, FUM

IGUAL QUEDOU EN CUBA OU VAI PARA VENEZUELA

PARA AS DÉBEDAS DOS BANCOS, PARA AI VAI A NOSA EXTRA, FUM, FUM, FUM

 

XA NON HAI CAIXA GALICIA, FUM, FUM, FUM

XA NON TEMOS CAIXA NOVA, FUM, FUM, FUM

E TEMOS UN PRESIDENTE QUE NON CONTA MÁIS QUE TROLAS

QUE ROCORTA E PRIVATIZA E ACABA COA GALIZA, FUM, FUM, FUM

 

VANNOS SUBIR OS RECIBOS, FUM, FUM, FUM

VAN CONXELAR OS SALARIOS, FUM, FUM, FUM

PERO AQUÍ O QUE IMPORTA É O QUE EUROPA MANDE

O QUE PASA NESTE POBO É QUE NON HAI GOBERNANTES, FUM, FUM, FUM

*******************************

 
********************

Feijóo vai de paseo a Cuba

Vendendo que imos moi ben

E os do PP van canta-an-ndo

Que a crise xa vai pasa-an-ndo.

 

RETROUSO

PERO MIRA QUE RECORTA A XUNTA DE GALIZA

PERO MIRA QUE RECORTA, RECORTA E PRIVATIZA

ROUBAN E ROUBAN E AQUÍ NON PASA NÁ

E SÓ ACABAN NA CADEA OS MÁIS BURROS DO LUGAR

  

Feijóo está navega-ando

No barco dun gran narco

El di que non o sabía

Nin o dos fardos na ría

RETROUSO

El quere ir a Madrid

E non o queren alí

Pode marchar cando queira

Que aquí este tío xa cheira

RETROUSO

Xa non nos quedan dereitos

E nos requisan os “sueldos”

Para que fagan negocios

Os amigo de BANESCO 

RETROUSO
 
*****************************
_
_