Nunha nota de prensa emitida polo Comité de empresa de Traballo e Benesar da Coruña, considera un privilexio inadecuado aos tempos actuais e fóra de lugar que se manteña o uso de intalacións públicas para vivenda privada do director da Residencia de Maiores da Xunta en Oleiros, Javier Lope de Toledo.

O dito comité ten solicitado da Secretaria Xeral da Consellería de Traballo e Benestar, que se tomen as medidas oportunas para o CESE INMEDIATO DO USO  COMO VIVENDA PARTICULAR, por parte do Director, das instalacións públicas anexas á Residencia de Maiores de Oleiros.

Así mesmo, entende que o uso como vivenda particular dunhas instalacións públicas, neste caso para disfrute privado do director da R.M. de Oleiros, conlevando ademais os gastos para o erario público de mantemento da vivenda é unha situación obsoleta sen xustificación laboral.

O Comité considera que manter esta situación pola Xunta de Galiza é un privilexio que non se corresponde cos tempos de austeridade e recorte de dereitos e salariais que está a padecer o conxunto de empregadas e empregados públicos. Mesmo socialmente cando asistimos a desafiuzamentos tódolos días de persoas sen recursos, é un insulto a toda a sociedade que un director siga a gozar dun privilexio establecido en tempos pretéritos e baixo outra situación totalmente distinta á actual.

O comité propuxo no seu día que un dos destinos posibles destas instalacións públicas pasen a ser unha Escola Infantil para os fillos/as dos/das traballadores/as da R.M. de Oleiros e de todas aquelas outras persoas da comarca que o soliciten.

Na imaxe pode verse unha vista aérea das instalacións do centro usadas con carácter privativo por parte do director como vivenda particular