A Xunta de persoal de funcionarias e funcionarios da provincia de Pontevedra, na súa sesión plenaria deste mes de xaneiro, e por unánimidade dos seus membros , acorda dirixirse tanto aos medios como a ciudadanía para comunicar o seguinte.:

Queremos deixar patente o noso malestar e o noso rexeitamento, a continua sangría de amortizacións que se están a producir en todas as consellerías como consecuencia da tasa cero de reposición de efectivos que está levando a cabo a Xunta de Galicia.

Paralelo a estas amortizacións masivas, créanse as chamadas Axencias que permitirán a Xunta colocar en mandos de dirección a calquera persoa allea a Función Pública, convertindo a Administración nun lugar para pagar favores aos amigos de turno.

Esta situación de non reposición de persoal ao non convocar ofertas de emprego público devén na precarización dos Servizos coa consecuencia  directa da deficiente atención a cidadania.