Novas por contido

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais denuncia o "privilexio anacrónico" do presidente da Xunta de ter unha porta exclusiva para entrar e saír do edificio administrativo de San Caetano unha vez por semana. A dita exclusividade bloquea de xeito permanente 34 prazas de aparcamento gratuitas para o persoal da Xunta, para a veciñanza da zona e, en xeral, para toda a cidadanía que teña que acudir a San Caetano.

No 2012 a Xunta de Persoal solicitara xa que se desbloqueasen o total das prazas de aparcamento do frontal do edificio administrativo de San Caetano (lateral da consellaría de Fancenda). A razón está motivada pola perda de prazas tralas obras dunha rotonda próxima aínda que a problemática de aparcamento na zona sempre estivo presente.

A Xunta respondeu que por motivos de seguridade non podía desbloquealas aínda que ao final conseguiuse que se desbloqueara as prazas máis alonxadas do edificio. Seguiron mantendo a prohibición de aparcar na outra metade motivada por razóns de seguridade. Expúxose como xustificación o uso que fai o presidente da Xunta da porta principal do edificio de Presidencia e tería que facer o percorrido flanqueado por ambos os dous lados por coches estacionados. Hai que ter en conta que a única persoa que accede en coche pola porta grande da consellaría de Presidencia é o presidente da Xunta e que ademais só o fai unha vez por semana cando hai Consello. Ademais do coche presidencial, únese á comitiva outro coche oficial de alta gama e máis un coche da policía autonómica.

A Xunta de Persoal sinala que os problemas de seguridade non existirían se o presidente da Xunta utilizase calquera dos dous accesos controlados que existen no edificio administrativo de San Caetano. Semella que a entrada do presidente por unha porta que se abre exclusivamente para el obedece a un certo privilexio que resulta anacrónico. Por unha banda, polo propio feito en si, xa que hai dúas portas de acceso cunha vixilancia permanente da Policía e da seguridade privada do edificio e, por outra, porque este feito ten consecuencias sobre as facilidades de aparcamento, non só do colectivo traballador, senón tamén da cidadanía que acode diariamente ao edificio administrativo de San Caetano.

Polo exposto, solicítanlle ao presidente que cando acceda coa súa comitiva de coches oficiais ao recinto de San Caetano o faga como o resto, mesmo as súas conselleiras e conselleiros, por calquera das dúas portas que están destinadas para este fin no edificio administrativo. En consecuencia, solicitan tamén que se fagan as xestións oportunas co Concello de Compostela para permitir o aparcamento na totalidade da franxa que vai dende o frontal do edificio de Facenda até o edificio da Presidencia.

 

En verde as prazas de aparacamento liberadas tralas xestións da Xunta de Persoal. En vermello as prazas de aparcamento aínda bloquedas polo uso da porta de Presidencia para entradas e saídas puntuais do presidente da Xunta.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...