O xoves 6 vivimos a cicloxénesis explosiva en toda a súa plenitude no edificio administrativo de Pontevedra. Desde a Delegación Territorial e desde a Xefatura Territorial acordaron pechar o acceso a traballadores/as e público en xeral pola porta principal e desvialo ao lateral do edificio. Esta situación mantivose ata as 9:30, aproximadamente, en que abriron a entrada principal.

Sobre as 11, comezaron a moverse varias placas das que forran o exterior do edificio, chegando a cair unha que petou coas ventás dando lugar a momentos de tensión entre o persoal que aquí traballa. Unha das placas caiu diante xusto da entrada principal do edificio, e nese momento decidiron retomar a entrada polo lateral.

Durante todo este tempo ninguén se preocupou de informar sobre as medidas que se estaban a tomar ou que se tomaran. Desde a CIG dirixímonos ao despacho do servizo de prevención e a resposta que tivemos foi que se ia chamar a San Caetano para preguntar que facer.
Mentras tanto chegaron os bombeiros a retirar outra placa que estaba medio desprendida.

Todo un éxito de organización e preocupación polas persoas.

Pasado o día convocan comité de saúde laboral extraordinario para o venres 7. Esta debe ser a solución que atopou o xefe de servizo de prevención de compostela.