A Consellería de Medio Rural e Mar vén de comunicar a reincorporación dos fixos discontinuos do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais o 15 de febreiro de 2014.

Desde a Cig queremos expresar o noso rexeitamento ás maneiras de actuar desta consellería.

Despois da présa que se lles meteu aos/ás compañeiros/as desde os distritos á hora de asinar as reincorporacións, sorprende que ao mesmo tempo se culpe a estes botando balóns fóra xa que estes recibiron orde por escrito de reenviar as sinaturas o dia 15 por fax aínda que nalgún distrito faltan os horarios e os cadrantes.

E para colmo, queren impoñer as vacacións obrigatorias a todos/as os/as traballadores/as na maioria dos distritos.