Ao lado mesmo do edificio administrativo de San Caetano está tendo lugar un peche dos seus traballadores na cafetaría da estación da autobuses

A empresa actual renunciou, o concurso da concesión quedou deserto e as instalacións teóricamente pechadas desde o martes, 11 de febreiro. Porén, os 6 traballadores esíxen unha solución xa que se atópan en terra de ninguén: non están despedidos e non poden cobrar o paro nin tampouco teñen nómina. Dedidiron pecharse no local para que este non peche e seguen atendendo aos usuarios co material que lle resta de xeito totalmente gratuíto.

Pedíronnos aos traballadores e traballadoras de San Caetano e arredores o noso apoio. Se queres, podes parar a tomar un café solidario e asinar o seguinte escrito de apoio dirixido ao Concello de Santiago.

ÚLTIMA HORA: O luns, 17 de febreiro, ás 17:00h podería producirse un intento de desaloxo.

Máis información