En resposta á denuncia da CIG ante a Tesourería Xeral da Seguridade Social a Consellería do Medio Rural e do Mar ven de recoñecer que a cotización do persoal laboral fixo-discontínuo do SPDCIF (servizo público de defensa contra incendios forestais de Galiza), nos anos  2011, 2012 e 2013 no era correcto (o que afecta ás baixas e pensións), polo que a partires do mes de febreiro vai iniciar as actuacións correspondentes para a regularización deste erro. Esto é:

- A cotización complementaria que en cada caso proceda ao respecto aos meses que cotizou por unha base menor da que correspondería aos anos 2011,2012 e 2013.

- A actualización das bases de cotización dos traballadores afectados que neste mes de febreiro continúen prestando servizos no mesmo posto sen interrupcións desde a entrada en vigor do R.D. 8/2010, de 20 de maio.

 

Ante as dúbidas sobre como vai repercutir a regularización das bases de cotización dos anos 2011, 2012 e 2013 do persoal laboral-fixo do SPDCIF nas nóminas, e despois de falar co servizo de persoal da consellería, o que vai facer é:

- Poñer ao día as cotizacións dos anos pasados: esta medida non representará nin descontos nas nóminas, nin modificacións nas retencións do IRPF de anos anteriores.

- A partires da nómina do próximo mes que cobren xa aperecerán as bases de cotización correspondentes a antes da aplicación dos recortes.
Esto significará que os/as traballadoras verán reducidos os seus ingresos un pouquiño, en función de que a retención do 4,70 por continxencias xerais e o 1,65 por accidentes, se aplicarán sobre a base de cotización actualizada.