COMPENSACIÓN DE DOMINGOS E FESTIVOS TRABALLADOS.

O Xulgado do Social nº 1 da cidade de Ourense, ven de fallar a favor da CIG polo incumprimento do V Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galiza por parte da Conselleria do Medio Rural.

Este Xulgado condea a Medio Rural pola non compensación de domingos e festivos traballados a un traballador do Distrito Forestal XII. Miño – Arnoia, en aplicación do establecido no Acordo de condicións especiais de traballo do persoal do SPDCIF e do propio texto do V Convenio Colectivo Único. 

Dende a CIG querémoslle deixar moi claro a Medio Rural que continuaremos indo ao xulgado no caso de incumprir o convenio, xa que non nos deixan outra opción, visto o acontecido ata agora. Os xefes de Distrito xunto cos Técnicos están aplicando o convenio según lles apetece, logo de estar mareando a perdíz, mellor dito, o/a traballador/a, sen que o máximo responsábel do Servizo teña coñecemento do acontecido. Falamos con coñecemento de causa

Reiterámoslle a Medio Rural que aínda que dende o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) non fagan un seguimento á aplicación do Convenio Colectivo Único nos distritos forestais, sendo éste parte do seu traballo, aí vamos estar nós para vixilar o cumprimento da normativa laboral. 

O camiño é, non aplicación do pactado pola administración, denuncia no xulgado. É igual que nos atopemos ante o mellor convenio da historia, a administración vai continuar polos mesmos derroteiros (incumprindo). A obriga de tódalas organizacións sindicais con representación é denunciar os feitos aínda que non se asinase o convenio. A CIG neste caso como parte asinante, está a facer ese traballo. 
O Xulgado do Social nº 1 da cidade de Ourense, ven de fallar a favor da CIG polo incumprimento do V Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galiza por parte da Conselleria do Medio Rural.
Este Xulgado condea a Medio Rural pola non compensación de domingos e festivos traballados a un traballador do Distrito Forestal XII. Miño – Arnoia, en aplicación do establecido no Acordo de condicións especiais de traballo do persoal do SPDCIF e do propio texto do V Convenio Colectivo Único. Qué teñen que dicer agora os Técnicos que no seu día denegáronlle as compensacións a este traballador do SPDCIF?
Dende a CIG querémoslle deixar moi claro a Medio Rural que continuaremos indo ao xulgado no caso de incumprir o convenio, xa que non nos deixan outra opción, visto o acontecido ata agora. A CIG non nos vale aquelo de ¡¡¡dádeme uns días para resolvelo!!! Os xefes de Distrito xunto cos Técnicos están aplicando o convenio según lles apetece, logo de estar mareando a perdíz, mellor dito, o/a traballador/a, sen que o máximo responsábel do Servizo teña coñecemento do acontecido. Falamos con coñecemento de causa.
O camiño é, non aplicación do pactado pola administración, denuncia no xulgado. É igual que nos atopemos ante o mellor convenio da historia, a administración vai continuar polos mesmos derroteiros (incumprindo). A obriga de tódalas organizacións sindicais con representación é denunciar os feitos aínda que non se asinase o convenio. A CIG neste caso como parte asinante, está a facer ese traballoO XULGADO DALLE A RAZÓN A CIG ANTE O INCUMPRIMENTO DE CONVENIO POR PARTE DE MEDIO RURAL.