A CIG-Autonómica vén de dirixirse á Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para solicitar unha entrevista, co obxecto de tratar as problemáticas do persoal laboral e funcionario da Administración xeral destinado en centros de ensino, incluídos os seguintes puntos:

  • RPT de centros de ensino
    Homologación dos pluses do persoal laboral con outras consellarías (pluses en centros de nova creación, pluses de educadores, centro de Panxón, etc)
  • Ratios limpadores/as
  • Convocatoria da Comisión de Seguimento e das comisións provinciais do Acordo entre a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSIF, do 31 de xullo de 2008, sobre a xornada de traballo do persoal subalterno que presta servizos nos centros educativos, e sobre as retribucións do persoal subalterno e auxiliar administrativo que presta servizos nos centros educativos públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  • Apertura dos postos de auxiliar administrativo en centros de ensino (subgrupo C2 nível 14) ao subgrupo C1, para que poidan ser cubertos por persoal funcionario tanto do subgrupo C2 como do C1, sen necesidade de reclasificación do persoal que está a ocupar os ditos postos.
  • Problemática cos recoñecementos médicos
  • Acceso ao correo corporativo da Xunta para o persoal laboral e funcionario da Administración xeral dos centros dependentes de Educación
  • Necesidade da presenza dos equipos directivos nos centros de ensino mentras estean en funcionamento

Descargar a solicitude de entrevista coa C. de Educación