O Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galiza tivo unha xuntanza co Director Xeral da Función Pública na que se trataron unha serie de puntos e se deu algunha información de interese:

1.Concurso de traslados

Requerimos da Administración a convocatoria inmediata do concurso de traslados do persoal laboral. Función Pública manifesta que:

- Neste mes de marzo rematarán os concursos de traslados de funcionarios, de administración xeral e especial, polo que poderán abordar o concurso do persoal laboral.

- Xa están a elaborar un borrador cos aspectos técnicos, aplicación informática, para posibilitar o concurso telemático e permanente de traslados.

- A previsión que manexan é que poderían manter as primeiras xuntanzas coas organizacións sindicais a finais de marzo ou principios de abril.

A parte social denunciamos o fraude que supón a amortización de postos de traballo unha vez gañados en concurso. Exiximos que ditos postos non se alteren ata que o/a titular do posto poida ocncursar novamente. Esto é, que denunciamos o fraude da Consellaría de Traballo quen pretende amortizar postos resoltos no último concurso.

2.Consolidación

Función Pública descoñece se poderá abordala ou non este ano.

3.Decreto listas 37/2006

Insistimos na necesidade de que a comisión de seguimento do decreto adopte decisións puntuais que permitan un maior aproveitamento das mesmas evitando o chamamento do servizo de emprego.

Función Pública di que están a traballar para a integración dos entes instrumentais e na elaboración dos criterios técnicos para posteriormente escoitar ás organizacións sindicais e proceder á modificación do decreto. Non dan prazos.

4. Xubilacións parciais anticipadas

A parte social require de Función Pública a adopción das necesarias cautelas que permitan unha maior celeridade do procedemento de xubilación parcial e de contrato de remuda. Manifesta que a partires de marzo o procedemento non deberia ir máis alá do mes e medio.

Os números de tramitación son: ata o 15 de xaneiro, 35 expedientes tramitados; a 3 de febreiro, 14 expedientes; a 17 de febreiro, 23 expedientes; para o 3 de marzo, uns 25 expedientes.

Confirman que houbo un expediente de xubilación e o seu contrato de remuda que foron rexeitados. Aseguran que a Seguridade Social non acepta contratos con persoas que teñan un convenio especial coa seguridade social. Comprométese Función Pública a comunicar estas decisións.