Logo de máis de 6 anos co mesmo uniforme de traballo con apenas unha ou duas raquiticas reposicións (un pantalón, dous polos e un par de botas) por parte das consellerias de  Medio Rural do Mar e de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras, temos que lembrarlles de novo que este uniforme é a roupa, calzado e material que, á vez que nos protexe dos factores de risco do traballo (climatoloxía, biolóxicos, tóxicos, térmicos…), nos identifica como funcionarios/as (axentes da autoridade) da Xunta de Galiza perante os cidadáns.

Consideramos que esta deixadez e improvisación a hora de dotar de medios de traballo e equipos de protección individual (EPI) aos axentes forestais esta dentro da estratexia do goberno galego da venda e destrución do Pais e constitúe un paso máis en contra da defensa do patrimonio forestal e natural así como do desenvolvemento do rural.

Dende a CIG non o imos permitir e seguiremos a loitar por uns servizos públicos de calidade e pola dignidade destas funcionarias e funcionarios.

Paralelamente a outras accións, estamos a apoiar un envio masivo de solicitudes persoais como parte dunha nova estratexia de demanda de condicións de traballo dignas. Fai a tua solicitude, rexistra e garda copia (non esquezas destacar cuestións que consideres sobre a falla de roupa, protección ou calidade das prendas e material). Descarga o modelo.