Volven a soar moitos ruxe-ruxes sobre a inminente resolución definitiva do concurso de corpos xerais. De feito, soa con forza a data do 28 deste mes para a publicación no DOG.

Volvimos a contactar con Función Pública e non aseguran tanta exactitude. Si é certo que hai indicacións do director de resolvelo neste mes de febreiro e na situación actual podería chegar a resolverse pero calquera imprevisto podería atrasalo ata comezos do mes de marzo.

Actualmente aínda están rematando de cargar as resolucións das reclamacións da comisión de valoración. Esta semana do 17-21 de febreiro poderían mandar os postos de resultas ás consellarías ás que lle darían un prazo dun par de días para retirar algunha. Esto nos poñería a comezos da semana que vén, momento en que pasarían ás centrais sindicais os postos que non irían as resultas por "vindeira amortización" e xa aí estarían en disposición de afinar o día de publicación no DOG.

Porén, calquera cousiña pode facer saltar esta predición e xa nos meteríamos no mes de marzo. En calquera caso, estamos falando dun periodo de 1-2 semanas como moito se non hai ningún imprevisto grave.

En canto á previsión da toma de posesión estaría diferida até que os dous procesos selectivos que están en destino provisional (C1-consolidación-2008 e A2-libre-2009) escollan destino definitivo ao longo do mes de marzo.