(Nota: é probábel que a resolución do concurso sexa publicada no DOG do luns 3)

O xoves 27 informaron CSIF e UGT nuns correos masivos que o concurso de traslados de corpos xerais publicaríase no DOG do venres 28. Tamén está a circular un listado coa resolución do concurso, incluíndo a fase de resultas. A CIG falou con Función Pública sobre estes dous aspectos do concurso e:

1º. Aseguran que nunca afirmaron que a resolución sería o venres 28, senon que tentarían que así fose. Por tanto, de ser esto certo, a afirmación de CSIF e UGT é inexacta.

2º. En canto ao listado que está a circular, asegura Función Pública que nunca saíu deles, que tivo que ser feito por algunha persoa pola súa conta. Afirman que xa noutros concursos pasou o mesmo e que ao final non coincidiu.

Segundo a nosa información estaba reservado espazo no DOG para o venres 28, pero ao tempo aseguramos que a afirmación de Función Pública (polo menos ante a CIG) era que "tentarían" que fose así. Con esto dámoslle credibilidade a información que nos traslada Función Pública en contra do afirmado por CSIF e UGT.

Respecto do listado que circula, non temos argumentos para crer ou non a Función Pública. É certo que xa existiron listados noutras ocasións, e a CIG non lle deu veracidade por descoñecer a fonte. Agora, con este listado, tampouco podemos afirmar se foi confeccionado por algunha persoa pola súa conta ou se foi algo que se lle escapou a Función Pública. A CIG non lle da credibilidade ao listado por descoñecer a súa fonte.

Para rematar, é moi probábel que ao longo do venres 28 teñamos información da data exacta da publicación do concurso. Informaremos no noso web.