Se es usuario de teléfone móbil ou tablet con sistema operativo Android, tes a túa disposición unha aplicación que facilita a lectura das novas, dos videos e dos eventos que publiquemos no web da CIG-Autonómica.

Podes instalalo dende o "Google Play Store", buscando "CIG" ou máis directo "CIG autonómica". Tamén o podes localiza directamente nesta ligazón, na que tes uns pantallazos: ir ao Google Play.

 

Descripción

Novas do sector da Administración Autonómica da Confederación Intersindical Galega (CIG-Autonómica), lidas do web http://autonomica.cigadmon.gal, para mobil e tablet.

Opcións das novas:
- Novas nacionais e comarcais.
- Novas das últimas 24 h.
- Novas non lidas.
- Destacadas polo propio usuario.
- Convocatorias e eventos.
- Videos propios.

Outras opcións:
- Sincronización das novas automática e manualmente.
- Dúas opcións de cores (fondo negro, fondo branco).
- Icono de notificación.
- Widget: titulares.

Despraza o dedo de esquerda a dereita para abrir o menú.