Novas por contido

A CIG presentou alegacións a documentación achegada pola consellaría de Educación para a modificación da RPT do persoal laboral de centros. Ademáis dunha longa lista de alegacións particulares, con carácter xeral presentou as seguintes alegacións contrarias a actual política de amortización de postos e privatización dos servizos.

1.    Reclasificación dos Auxiliares Coidadores (Grupo IV categoría 4) a Grupo III categoría 99, todos aqueles que desenvolven seu traballo nos colexios e institutos cos alumnos/as de Educación Especial. Achegamos sentenzas favorábeis que sustentan a nosa demanda.

2.    Reclasificación dos/as Coidadores/as dos Centros de Educación Especial a Categoría 50 do Grupo III polo específico de seu traballo nestes centros.

3.    Reclasificación dos Oficiais Segunda de Cociña a Oficial Primeira de Cociña (Grupo IV Categoría 5) a Grupo III categoría 65. Achegamos sentenzas favorábeis que sustentan a nosa demanda.

4.    Reclasificación dos Oficiais de Mantemento en Xefe de Mantemento ou Oficial Primeira de Mantemento. Achegamos sentenzas favorábeis que sustentan a nosa demanda.

5.    Establecer os pluses de toxicidade a todo o persoal de limpeza, pois están a traballar con produtos tóxicos.

6.    Establecer os pluses de perigosidade para todo o persoal de cociña por estar expostos a perigos de queimaduras, cortes, alteracións de temperatura, etc. no seu propio posto de traballo.

7.    Establecer os pluses de responsabilidade a tódolos aqueles postos que impliquen responsabilidade tales como médicos, ATS, educadores, gobernantas, Xefes de Mantemento, Encargados/as de Almacén e demais persoal laboral; etc. tal como ven reflectido e a que ten dereito según o V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galiza no artigo 26.3 b).

8.    Establecer os pluses de perigoridade e penosidade, a todo o persoal laboral dos Centros de Educación Especial da Consellaría de Educación tal e como se está a aplicar no CEE Miño de Velle.

9.    Establecer o pago da itinerancia a todos aqueles coidadores e coidadoras que teñen que facer as súas tarefas profesionais en varios colexios, e dicir, pagarlles o desprazamento de ir dun centro ao outro en función da quilometraxe.

10.    Eliminar a nomenclatura “Servizo Doméstico”; tal como fixo no seu día o Ministerio de Traballo e pasar a denominarse “Limpador/a”

Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...