Novas por contido

O Valedor vén de comunicarlle á Xunta de Persoal dos Servizos Centrais que a Xunta de Galiza segue sen remitirlle o informe demandado de por que non contesta a meirande parte dos escritos que lle presenta este órgano de representación..

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais denunciou a principios de ano ante o Valedor o ninguneo ao que sometía a este órgano de representación os distintos departamentos da Xunta que nin sequera se molestaban en contestar a multitude de escritos que lles ten dirixidos. En febreiro, o Valedor comunicoulle que admitía a trámite a queixa.

A Xunta de persoal acumula perto de 70 escritos sen resposta remitidos a diferentes departamentos da Xunta de Galicia entre maio de 2011 e xuño de 2013. A estes hai que sumar outros 10 máis recentes que xa levan máis de 3 meses sen contestar. Neses escritos solicitábase información ou simplemente que se recibise a este órgano de representación para tratar de dar solución ás inquedanzas e problemas ás traballadoras e traballadores que representan. Pois ben, xa non é que as demandas non foran atendidas, senón que nin sequera foi atendido o órgano.

Chama a atención que a Xunta xa non é que "pase" dun órgano que representa a máis de 3.000 persoas, senón que pasa do propio Valedor, ao que, por outra parte, está obrigado a atender os seus requerimentos consonte ao artigo 22 da Lei do Valedor do Pobo. Pode que esta actitude de desidia sexa un reflexo da intención da Xunta de acabar con este órgano, que por outra banda, xa leva tempo exercendo a titularidade de xeito interino.

En calquera caso, se fai esto coa Xunta de Persoal e co propio Valedor en funcións, qué non fará a Xunta coa cidadanía a nivel individual, utilizando o silencio administrativo como rodelo. Esta é a consecuencia de utilizar a Administración de xeito absolutista de quen despreza o servizo público e de quen procura tamén coa súa actitude que a cidadanía chegue a desprezalo.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.