Novas por contido

Á Xefa Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar non lle gusta que o persoal cualificado en Servizos Sociais atenda a tramitación de expedientes en atención social. Por que será?

Primeiro foi a amortización de postos na Dependencia e o despedimento de parte do seu persoal técnico en servizos sociais substituído por persoal administrativo, sen que a día de hoxe saibamos para que valeu todo iso máis que para desincentivar pouco a pouco as solicitudes de prestación e para que tiveran que pagar horas extras para resolver as reclamacións polos retrasos nas tramitacións.

Agora lle toca a quenda a UTA da Risga (Unidade de Tramitación administrativa da Renda de integración social), de ámbito provincial e ubicado na cidade da Coruña. Nesta unidade prestan servizo de forma continuada dende fai máis de 7 e de 14 anos dúas traballadoras sociais. Foron informadas de que debían de trasladarse a outros servizos que xa están dotados de persoal técnico e abandonar a súa unidade: unha foi trasladada de hoxe para mañá e a outra o fará en breve pois tan siquer foron notificadas por escrito nen houbo memoria xustificativa algunha de tal decisión, só alegaron unhas
supostas necesidades de servizo, en base a potestade organizativa (que non discreccional) da propia xefa territorial.Non queda,pois, persoal técnico especializado en servizos sociais na mencionada unidade, o que incumpre a Lei de inclusión social de Galiza no seu Art. 39 e tamén no Art. 52.2 do Anteproxecto de Decreto polo que se desenvolve a lei de inclusión social.

A Xunta de Galiza, reservase os postos de dirección e control mas os de tramitación e servizo non lle importa por quen son prestados. As dramáticas situacións persoais e familiares que a nosa sociedade está a viver non serán atendidas polo persoal especializado que a Lei e a profesionalidade establecen e son vistos como simples expedientes administrativos. O persoal cualificado e experimentado en atención social é cambiado da súa unidade de forma arbitraria, cando non lle amortizan o seu posto.

Dende a CIG de Traballo e Benestar da Coruña queremos denunciar públicamente este tipo de actuacións tan abusivas e prepotentes da Administración en canto supoñen para os e as traballadores/as un uso arbitrario da potestade organizativa que modifica unha estructura que funciona de forma adecuada e acorde á legalidade.

Sen ofrecer nen a tan recorrente motivación económica nin organizativa de ningún tipo. E por isto que cremos que estamos ante outro pasiño máis na inexorable remodelación da atención dos servizos públicos que pretende facer a Xunta de Galiza: o abandono dos servizos públicos en mans de xestores privados e isto abarca desde o persoal que os presta até aqueles/as que establecen os recursos máis adecuados e que unha sociedade moderna non debera deixar de atender.

Outras novas recentes

Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...
Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...