Novas por contido

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais vén de lanzar unha campaña na que distribuiu entre o persoal tres modelos de queixa ante a imposibilidade de traballar os venres pola tarde na modalidade de horario flexible.

As queixas van dirixidas ante a comisión de seguemento da Orde de flexibilidade e no caso da flexibilidade familiar tamén ante a Comisión 1ª do Parlamento galego. Con estas queixas preténdese iniciar a modificación da Orde co obxecto de adaptala á lei de igualdade no caso da flexibilidade familiar e permitir a flexibilidade automática os venres pola tarde no mesmo horario que de luns a xoves.

Non existe por parte da Administración unha xustificación razoable, nin organizativa nin de aforro, para impedir a flexibilidade os venres pola tarde tendo en conta, ademais, que a gran maioría dos centros teñen idéntico horario de apertura de luns a venres. Así pois, resulta inxusto que mentres o centro permanece aberto os venres pola tarde, non se poida traballar baixo o réxime de modalidade de horario flexible.

Flexibilidade familiar

Na redacción dada ao art. 44 da Lei 7/2004 pola Lei 2/2007, a única causa prevista para limitar o exercicio da xornada flexible por conciliación familiar son as necesidades do servizo. Necesidades do servizo que en boa lóxica deberan estar xustificadas para cada caso, e en cada centro, e non impoñendo uns condicionantes horarios fixados arbitrariamente na Orde con carácter xeral, que reducen o ámbito temporal de exercicio desta modalidade de xornada flexible.

Xa que logo, considerase que a citada orde incumpre a mencionada lei debido a que en vez de recoñecer “o mais amplo horario diario de referencia posible”, o que fai é o contrario. Xa que logo, ademais destas queixas, cada persoa interesada pode formular o correspondente recurso perante a resolución da flexibilidade familiar.

Descarga escritos modelos para presentar a túa queixa diante da Comisión de Seguemento/Parlamento

  • Persoas con flexibilidade familiar pre Orde
  • Persoas con flexibilidade familliar post Orde
  • Persoas con flexibilidade automática

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...