As carteleiras deste ano 2014 dos Centros de Traballo e Benestar que teñen quendas rotativas, son idénticas ás do ano 2013 que foron declaradas ILEGAIS
polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. E foron declaradas ILEGAIS porque a Consellería non as negociou co Comité de empresa, senón que as impuxo, e o que impuxo foron unhas QUENDAS DESEQUILIBRADAS no cal unhas persoas traballan máis fins de semana ca outras, outras traballan menos festivos, etc.

POR QUÉ OCORRE ISTO? Por unha simple custión económica de aforrar diñeiro público en gasto social.

Por culpa do Governo español de Rajoy, que impuxo un recorte de diñeiro nos gastos sociais, política seguida polo Goberno de Feijoó, ao darse conta hai anos de que o persoal era escaso, decidiron exprimilo quitándolle o descanso compensatorio por traballar en domingo e festivos, e facéndoo traballar máis, pasando de ter dous días ininterrumpidos de descanso semanal a ter un día e medio, traballar dous fins de semana sí, un non, dous sí,un non, sete días seguidos ou tres noites consecutivas.

Efectivamente, con estas médidas non só aforraron diñeiro público en gasto social, senón que levan destruído máis de postos de traballo, polo cal con todo ese diñeiro público aforrado, poideron seguir subvencionando ás empresas amigas que teñen unha finalidade social, e que o diñeiro público que reciben, non é controlado por nengunha institución pública.

Pero cunhas medidas así, é imposíbel que non perxudiquen a alguén, e as perxudicadas directas son todas as traballadoras e traballadores que traballen en quendas rotativas porque están sometidos a unhas condicións de explotación laboral, e tamén son perxudicadas directas todas as persoas usuarias dos servizos sociais que sofren o recorte de recursos humanos.

Así que temos unhas quendas 2013 ILEGAIS, pero as do 2014 tamén son ILEGAIS.  Qué faría un partido democrático? Negociar inmediatamente coa representación das traballadoras e traballadores unhas quendas LEGAIS E EQUILIBRADAS. Iso faría un partido democrático. Pero o Partido Popular non o é e pide o voto nas Eleccións Europeas de xuño como se non tiveran feito nada malo.

Pois sí teñen feito algo malo, entre outras moitas cousas, TER A UNHAS 5000 PERSOAS TRABALLANDO NA ILEGALIDADE, CUNHAS QUENDAS EXPLOTADORAS.

Primeiro que resolvan isto, e despois que fagan a propaganda que queiran.