Desde o pasado ano o Secretaría X. da Igualdade convoca concentracións nos edificios da Xunta en todo o País cada vez que se produce un acto de violencia contra as mulleres.

Nas primeiras convocatorias de Pontevedra aparecía a secretaria e o xefe territorial, pero ata eles desapareceron dun acto que dura un minuto e ao que eles nos convocan. Nas últimas concentracións estivemos arredor dunha ducia de persoas, ninguén por parte da administración.

Como dicíamos nun correo que enviamos aos/as traballadoras do edificio: “Resulta indignante e vergoñento que os propios convocantes non aparezan. Onde estaban o Sr. Tourís e os/as xefes territoriais?”.

Este texto debeu tocar as “conciencias” dos nosos gobernantes, porque, curiosamente, na concentración do pasado día 28 fixeron acto de presencia tanto Tourís como o seu staff e o xefe territorial de presidencia.