Despois de 5 anos por fin recoñecen os problema de climatización no edificio. Como exemplo valga o Servizo de Arquitectura de Cultura.

Coa celeridade que a caracteriza, a primeira medida que tomaron foi pechar as saídas de ar en todo o andar, polo que un problema localizado pasou a afectar á totalidade. Logo de moito reclamar unha solución, acordaron mercar un par de calefactores que as traballadoras e traballadores deben apagar e prender en función da cantidade de calor que sintan.

Xa antes de finalizar o ano pasado obtivemos un compromiso de petición de orzamento para solucionar este problema. Pero entre que vai e volve a solicitude de gasto, chegou a primavera e o que ía ser unha solución provisional para 15 días, converteuse, polo de agora, en definitiva. A maiores, o recorte presupostario e a externalización de servizos fai que teñamos un problema de climatización e limpeza xeneralizado.

A pesares das continuas denuncias feitas pola CIG diante da xefatura territorial de presidencia, cada día é mais notoria a falla de medios suficientes para manter o edificio en condicións hixiénico-sanitarias, e a humidade ambiental e temperatura en parámetros que non produzan consecuencias na saúde do persoal que aquí traballa.