O reducido tamaño das instalacións da oficina de emprego de Cangas incumpre os requisito de habitabilidade funcional. As traballadoras e traballadores do servizo público da Xunta, do Estado, e os/as administrados/as sofren colapso polo espazo e polo enrarecemento do ar dun lugar ateigado de persoas.

A mesma Xunta que nos afoga con recortes ten alugado dende fai tres anos outro local para o traslado da oficina pero non da resolto a licencia de obras diante do concello de Cangas. Din as malas linguas que alcalde e delegada territorial manteñen unha loita soterrada dentro do PP que imposibilita a posta en marcha das novas instalacións.

O resultado é que pagamos dous locais cos nosos impostos mentres cidadáns e traballadores/as padecen unhas condicións penosas.