Na última Comisión de Persoal aprobáronse as varias convocatorias de procesos selectivos e tamén o director de Función Pública avanzou videiros concursos e mesmo a promoción "eterna".

Procesos selectivos escala de letrados. Aprobouse cos votos en contra de CIG e CSIF, a abstención de CCOO e o voto a favor de UGT.

Procesos selectivos subgrupo A1: enxeñeiros/as de minas, Telecomunicacións,  arqueólogos/as e escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos,  especialidade de bibliotecas de arquivos. Aprobouse co voto en contra de CIG, CCOO e CSIF e o voto a favor de UGT.

Procesos selectivos subgrupo A2: enxeñeiros/as técnicos de minas e axudantes de  arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas. Aprobouse co voto en contra de CIG, CCOO e CSIF e o voto a favor de UGT.

Proceso selectivo extraordinario de consolidación da escala de topógrafos. Aprobouse co voto en contra de CIG, CCOO e CSIF e o voto a favor de UGT.

Proxecto de orde pola que se establecen os elementos identificativos do servizo de  gardacostas de Galiza. Aprobouse cos votos en contra de CIG e CCOO e as abstencións de CSIF e UGT.

Votamos en contra porque priorizan os traxes de clasificación A (gala) sobre os de  clasificación C (faena), que ademais consideramos que non cumpren coa normativa de prevención de riscos laborais.

 

Varios

Neste punto a Administración informou sobre a súa intención de iniciar un proceso de negociación das ordes de integración pendentes que se ían tratar na última Mesa Xeral, e á que se decidiu non asistir.

O director xeral de Función Pública. tamén informou de que nas vindeiras semanas deste mes ou en xuño nos convocarán para ver cómo articular o concurso de persoal laboral e o de administración xeral. Igualmente coa promoción interna, que están traballando niso e nos manterán informados.

A CIG fixo unha demanda e dúas preguntas:

  • Reiteramos a nosa petición de responsabilidade por parte das persoas titulares das Secretarías  Xerais das Consellerías á hora de asistir a este órgano, xa que consideramos unha  falta de respecto ás organizacións sindicais a non asistencia de persoal responsable e cualificado á hora de respostar ás cuestións que xurdan e afecten aos temas que se van votar ou dos que se traslada información.
  • Preguntamos se existe algún borrador da rpt do IGVS xa que temos constancia da súa circulación entre os traballadores/as. O director di que non ten coñecemento e que, como non hai presente ningún representante da Consellería, que trasladará a pregunta e nos informará posteriormente.
  • Preguntamos se Función Pública ten xa o borrador das escalas da Lei 17 de Sanidade. O director dí que xa está feito e que están pendentes dunha reunión co Sergas para  mirar a dinámica de negociación de prazos e resolución. Posteriormente nos trasladará  a información.