O xoves 22 de maio, ás 12:00 horas, en Ferrol, A Coruña, Lugo e Ourense; ás 11:00 en Pontevedra e ás 11:30 horas en Compostela

CIG, CCOO e UGT veñen de convocar concentracións diante da Delegación do Goberno da Coruña (onde estarán os secretarios xerais), das subdelegacións do Goberno de Lugo e Ourense, dos edificios administrativos da Xunta de Galiza en Ferrol e Compostela e da Audiencia Provincial de Pontevedra, para o xoves 22 de maio, en solidariedade cos 2 compañeiros de Vigo e as 2 compañeiras de Pontevedra que foron condenados/as a 3 anos de cadea. As centrais sindicais queren denunciar así as políticas de represión e persecución do PP contra a clase traballadora que se mobiliza e exixir o indulto para as/os compañeiras/os.

Máis información: no web da CIG

Lugares e horas

- A Coruña: ás 12 h diante da Delegación do Goberno

- Ferrol: ás 12 h diante do edificio da Xunta

- Compostela: ás 11:30 h diante da sede da Xunta (San Caetano)

- Lugo: ás 12 h diante da Subdelegación do Goberno

- Ourense: ás 12 h diante da Subdelegación do Goberno

- Pontevedra: ás 11 h diante da Audiencia Provincial