A conselleira Beatriz Mato quere aforrar en contratos do persoal que atende ás nosas persoas maiores pero non lle importa despilfarrar en asistencias técnicas, persoal de Gabinete e postos a dedo.
 
 
O persoal que esta a  coller vacacións durante o mes de xuño DE 2014,  na Residencia de Maiores de Volta do Castro, NON se cubre con sustitucións que suplan as ausencias, co que están a quedar os servizos de atención directa aos usuarios como limpeza de plantas, servizo de comedor, enfermeria, auxiliares de enfermería e cociña cuns servizos minorados que teñen como consecuencia unha perdida importante da calidade e cantidade de servizos prestados. Non se pode atender a 150 residentes e 25 usuarios do Centro de Día sen cubrir a todo o persoal que colle vacacións no mes de xuño. 3 traballadoras do departamento de limpeza-camareiras, 7 traballadoras da categoría de auxiliares de enfermería, 2 traballadoras de Cociña, 2 enfermeiras, o xefe de cociña, o gobernante e o xefe de almacen, están neste momento sen ter garantizado a suplencia das suas vacacións do mes de xuño. De feito xa 1 camareira/limpadora e 1 auxiliar de enfermería comenzaron o seu período vacacional sen ter a cobertura necesaria dos seus postos ausentes.

Esta situación de falta de respeto e consideración coas necesidades que existen nun centro de atención de persoas asistidas, ten a gravedade de non asumirse a responsabilidade por ningún alto cargo da consellería de Traballo e Benestar, nunha situación de ineficiencia e deixadez que repercute na calidade dos servizos prestados ás persoas maiores usuarias da Residencia de Maiores Volta do Castro e do seu Centro de Día. A directora do Centro dí que ela non ten a culpa de que non se cubran as vacacións, a Xefa Territorial e o Xefe de Centros da Coruña, negan tamén todo tipo de responsabilidade no asunto e nos servizos centrais en San Caetano xa se convirte en todo un proceso de despachos, papeles que suben e baixan, carpetas que se amontonan e xuizos que se perden, pero ninguen sabe nada.
 
Esta situación que se vai agravar cada día que pasa, xa que o persoal que queda en activo ten que asumir as tarefas do persoal de vacacións, co que supon de sobrecarga de traballo, nuns turnos que xa foron declarados ILEGAIS polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a CIG SOLICITA directamente a Beatriz Mato, xa que parece que as ducias de cargos de libre designación a dedo que ten nomedos son incapaces de resolver unha situación de cobertura de necesidades básicas de contratación, que proceda a dar orde de COBERTURA INMEDIATA de todo o persoal que colle vacacións (cubrindo ao persoal que xa as colleu e o que falta por collelas). Consideramos que de ter aforrar e aplicar medidas de austeridade deberia empezar por reducir o persoal de confianza que actúa no Gabinete, os postos a dedo que non teñen funcións e son repetitivos, e as contratacións de asistencia técnica e empresas privadas que asumen funcións que deberian ser desempeñadas por persoal funcionario ou laboral da Xunta de Galicia.