Este sábado, día 7 de xuño, celebrarase en Compostela a VI Asemblea Nacional da CIG-Autonómica, baixo o lema “Na defensa dos Servizos Públicos e dos nosos dereitos. En loita contra os recortes”. Á asemblea asisten 158 compromisarias/os procedentes de todas as comarcas que debaterán o Informe de Xestión da Executiva Nacional e o Regulamento de Funcionamento do Sector para os vindeiros catro anos. Ademais elixirán a nova Executiva, as/os representantes do sector na Dirección Nacional da Federación e o novo secretario nacional.

Nesta VI Asemblea elixirase unha Executiva Nacional de 7 membros, 5 representantes do Sector na Dirección Nacional da Federación e 15 membros, que sumados aos anteriores e aos Responsábeis Comarcais da Autonómica constituirán a nova Dirección Nacional do sector da CIG-Autonómica.

Rematado o prazo de presentación de candidaturas preséntase unha única para cada un destes tres órganos e tres candidatos para a Secretaría Nacional: Uxío Zabala Iglesias, Anxo Anta Rodríguez e Roberto Varela Gestal.

O obxectivo que se marca o sector nesta VI asemblea é facer unha CIG máis forte como instrumento para que as/os empregadas/os públicas/os recuperen seus dereitos e, xunto co resto das/os traballadoras/es, impedir as privatizacións defendendo uns servizos públicos galegos e de calidade.