A CIG-Autonómica celebrou o sábado, día 7 de xuño, a súa VI Asemblea Nacional, baixo o lema "Na defensa dos Servizos Públicos e dos nosos dereitos. En loita contra os recortes", na que as/os compromisarios debateron a aprobaron, con 63 votos a favor, 5 en contra e 23 abstencións, o Informe e Xestión da Executiva saínte e con 61 votos a favor, 22 en contra e 7 abstencións o Regulamento de funcionamento co se dota o Sector para os vindeiros catro anos. Ademais elixiron os novos órganos de dirección e o novo secretario nacional, Roberto Varela, que recibiu o apoio de 95 compromisarios/as, e substitúe no cargo a Fernando García Fernández, quen non se presentou á reelección.

Esta é a composición dos novos órganos nacionais da CIG-Autonómica trala VI Asamblea Nacional:

 

Secretario Nacional

  • Roberto Varela Gestal

Executiva Nacional

  • Roberto Varela Gestal
  • Xoán Xosé González Canedo
  • Alfonso Diz Diéguez
  • Uxío Zabala Iglesias
  • Erea Estévez Campos
  • Sandra Rebolo López
  • Anxo Anta Rodríguez

Representantes da CIG-Autonómica na Dirección Nacional da Federación de CIG-Administración Pública

  • Roberto Varela Gestal
  • Alexandre Prieto Giráldez
  • Uxío Zabala Iglesias
  • Nieves Somoza López
  • Mar Peteira Cabana

Dirección Nacional da CIG-Autonómica:

  • Roberto Varela Gestal
  • Fernando R. García Fernández
  • Dina Porral Mosquera
  • Enrique Parcero Rodríguez
  • Pilar de Celis Getino
  • Carmem Viso Rubín
  • Natalia Estévez Cruz
  • Uxío Zabala Iglesias
  • Rosa María Martínez García
  • Camilo Lorenzo Pérez
  • Cristina Hermida Moinelo
  • Martín Blanco Hermida
  • Luz Divina Rebollal Juanes
  • Xosé Ramón Vázquez Rodríguez
  • Mar Peteira Cabana

No decurso da VI Asemblea analizáronse os convulsos anos vividos desde a V Asemblea, celebrada en 2010, onde acontecementos de índole externa e interna marcaron esta etapa cunha característica común a todos os eidos: “a aplicación de políticas neoliberais e de recortes, tanto en dereitos e liberdades como en materia de emprego público e de dereitos laborais e sindicais”.

A VI Asemblea avaliou tamén as consecuencias do ascenso do Partido Popular ao poder en Galiza, inserido nun contexto de crise económica e financeira, xunto co predominio da ideoloxía neoliberal nas elites dominantes e o predicamento da nova xestión pública. “Políticas que deron un resultado “fatídico” tanto para o país, como para a nosa clase, concretado no noso sector nunha política de voladura controlada dos servizos públicos, privatizando a Administración, creando novas axencias, recortando dereitos laborais e salariais, destruíndo emprego público, permitindo asistencias técnicas, apoiando a contratación externa de servizos públicos, etc”.

Neste contexto valoraron que o modelo de recortes afectou de cheo ao sector, “ao solaparse en moitos dos casos os recortes de ámbito xeral, cos propios ditados na Galiza, así como pola contumaz aposta por manter o recorte das pagas extras na Administración Autonómica e os seus entes”.

Subliñaron o paso dunha etapa prolífica en acordos: acordo veterinarios, acordo centros de ensino, V Convenio, acordo axentes facultativos, acordo gardacostas, acordo de mellora de emprego, etc, a outra de loita frontal contra a Administración e o Partido Popular, onde se intentou desmantelar todo o conseguido.

Ante isto concluíron que foi unha etapa caracterizada fundamentalmente por dous elementos: os recortes, “como instrumento fulcral para modelar un tipo de Administración axeitada á tipoloxía neoliberal, conforme a un modelo de Administración reducida, privatizada, e mínima, en dimensións, dereitos, persoal, salarios e servizos que se prestan”, e as mobilizacións, “como antítese desta función, e caracterizadas pola pluralidade de formas, convocantes, accións, e centradas en revelar os dous eixos fundamentais desta etapa: recortes fronte dereitos, e privatizacións fronte a servizos públicos.

Neste contexto, o obxectivo que se marca o sector nesta VI asemblea é facer unha CIG máis forte como instrumento para que as/os empregadas/os públicas/os recuperen os seus dereitos e, xunto co resto das/os traballadoras/es, impedir as privatizacións defendendo uns servizos públicos galegos e de calidade.

No mesmo sentido, a secretaria nacional da CIG-Administración, María Carme López Santamariña, que interveu no acto de clausura, fixo un chamamento a traballar conxuntamente para mellor facer fronte a esta grave situación.

{phocagallery view=category|categoryid=19}