A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galiza (ATRIGA) publicou no DOG do 11/07/2014 a "RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de mantemento e soporte dos sistemas de xestión de recursos humanos da Xunta de Galicia (expediente 84/2014)."

Esto é, a convocatoria dun contrato para o mantemento do kronos: custou 800.000 euros; agora para mantelo van outros 1.200.000 euros.

E segue sen haber pasta para as extras que nos roubaron, para as substitucións ou para a penalización por poñernos enfermos. Esto xa parece un chiste de Groucho Marx:

Non teño para pagarte, pero sí para controlarte.