O PP anuncia que retira a emenda que permitía botar á rua ao persoal laboral indefinido non fixo con dereito á consolidación de emprego.

Ao pouco de que tivésemos coñecemento desta emenda introducida de tapadillo na Lei de Racionalización, o Partido Popular anuncia a marcha atrás e retirada da mesma. Entre outras eivas que pode haber, non convocaron á Mesa Xeral das Administracións Públicas en Madrid na que a CIG está presente, o cal pode ser unha eiva invalidante ao haber falta de negociación, e sabedores diso optan por tocar a corneta e anunciar a retirada.

Como xa anunciamos no Boletín de Servizos Centrais o Partido Popular, xustificaba a emenda como unha “mellora técnica” e establecía o seguinte para facer efectivo que as amortizacións non só se van aplicar aos indefinidos non fixos en xeral, senón a todos/as, incluídos os/as que teñen declaración de indefinidos non fixos ditadas con anterioridade á entrada en vigor desta Lei:

“...será de aplicación a todas aquelas relacións xurídicas de indefinidos non fixos que se mantivesen coa Administración na data de entrada en vigor desta Lei calquera que fose a data da declaración como indefinido non fixo do traballador afectado ou a causa que la tivese motivado”.

Dende a CIG imos estar vixiantes de que o que anuncia o cumpran.