Novas por contido

O xoves 3 de xullo acudimos á xuntanza convocada pola Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas para discutirmos a súa proposta de modificación da RPT da Consellaría de Sanidade e do Sergas. Fora da orde do día, tivemos ocasión para falarmos tamén do concurso de traslados das escalas sanitarias (Lei 17) e dos Farmaceuticos Inspectores/as. Esta é a postura da CIG a grandes liñas:

  • No laboratorio de Lugo, xustifican a eliminación de dous auxiliares de laboratorio e a creación de dous auxiliares administrativos. Non temos argumentos para discutir a carga de traballo, pero faisenos dificil comprender que se eliminen auxiliares de laboratorio nun laboratorio.
  • Crean un posto de titulado superior psicólogo por sentenza. É un imperativo xudicial, pero non pode ser a costa de amortizar un posto base A1. Opoñémonos á destrución de emprego, e exiximos responsabilidades (polo menos o cese da persoa que polo seu actuar sexa responsábel de que haxa lugar á sentenza).
  • Eliminan os requisitos de titulación a unha xefatura de servizo, que queda agora para "xeral/especial/estatutario sergas". A maiores de opoñernos á apertura a persoal estatutario, non comprendemos que un posto sexa para administración especial sen indicar a especialidade que requiren. Se tanto lles ten calquer titulación, entón o posto xa non é para administración especial, senon xeral. O que fai o Sergas é adaptar o posto á persoa que queren colocar, e non adaptalo aos requisitos das tarefas a realizar.
  • Crean e amortizan un posto de libre designación para adaptalo ao decreto de estrutura. Non temos nada que dicir, nen sequera asumimos como propio o que manda a estrutura. Pero si nos opoñemos, outra vez máis, a que abran postos de administración a persoal estatutario.
  • Queremos unha revisión a fondo a RPT da lei 17 (escalas sanitarias), antes do concurso de traslados destas escalas. Neste sentido afirman que nos facilitaran o borrador do concurso para a semana que ven; agardamos que poidamos "negocialo" en condicións e que non se limiten a levalo á Mesa Xeral de Negociación como un mero formulismo. Manifestamos que:
  • Non queremos postos de administración xeral abertos a estatutarios, pero moito menos se hai postos aos que estes poden ir e o persoal funcionario das escalas sanitarias, coas mesmas titulacións, non poden.
  • Temos que solucionar previamente ao concurso determinadas situacións de postos declarados a extinguir e que precisan unha solución, que pasa por modificar a RPT para facilitar a saída.
  • Solicitamos a incorporación dun plus de toxicidade con sentenza firme no laboratorio de Lugo, e pedimos a revisión de todos sen necesidade de ir ao xulgado. A subdirectora informa que están a facer unha revisión dos pluses e que teñen a intención de afrontalo para os que o requiran.
  • É preciso solucionar o nivel do persoal Farmaceutico Inspector, colectivo que segue cun nivel inferior a outras categorías de inspección, ou respecto a outros postos iguais noutras administracións. A resposta é a mesma doutras veces: non é o momento.

Temos prazo para presentar alegacións escritas ata o día 10, pero visto que non teñen intención de respostar por escrito ás alegacións que nos piden escritas, a CIG valorará se nos limitaremos a reenviarlles esta nota informativa.

Outras novas recentes

Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...