A CIG amosou o seu malestar polo endurecemento das probas de promoción interna ao que se sumaron o resto das organizacións sindicais.

A Administración tratou de explicarse dicindo que a comparación debera ser coas probas de acceso libre e non coas convocatorias anteriores de promoción interna e indicaron que non van ceder na estrutura xeral do proceso aínda que manifestaron a súa vontade de poder tocar outros puntos.

Manifestamos o noso rexeitamento tanto ao aumento indiscriminado do temario e de probas e fixemos fincapé na subxectividade dos exames a desenvolver.

A administración indicou que nos supostos de puntuación por dereitos de conciliación existe un erro pois tamén contemplarán a redución de xornada e a licenza de maternidade/paternidade (e non só a excedencia de coidado de fillos como aparecía).

Tamén indicaron que aquelas persoas que estean en prazas abertas a corpos superiores quedarán obrigatoriamente na súa praza.

Ampliaron o prazo de alegacións ata o venres 11 de xullo

Aquí tes as bases para descargar. Se queres facernos chegar as túas alegación podes enviarnos un correo a autonomica@cigadmon.gal