A pesares de que existía un compromiso previo para a redacción do prego de contratación para o subministro da roupa de inverno do persoal do SPDCIF, a Consellería quitou as escondidas a licitación deste material. Ante esta forma de actuar, o pasado día 11/06/2014 a CIG interpuxo unha denuncia contra a Consellería do Medio Rural e do Mar por un posible caso de prevaricación e fraude.

As razóns desta denuncia son:

  • Non se está a cumprir o R.D. 773/1997 do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde sobre a utilización polos traballadores de EPI´s.
  • O prego para subministro da roupa de inverno está publicado, sen terse negociado previamente coas OOSS.

A resposta da consellería ante esta actuación é un ataque á representación da CIG por parte do vicesecretario, acusándoa de torticeira por ter presentado a denuncia pola vía penal.

Vimos de ter unha xuntanza co Secretario Xeral Técnico na que se nos comunicou, que por mor da nosa denuncia, parouse a licitación destas prendas, e que se lle vai a dar a todo o proceso para atrás para empezar de cero é “facer as cousas ben”.

Dende a CIG queremos manifestar que estamos contentos polo éxito obtido e que seguiremos atentos para denunciar tódalas ilegalidades que detectemos por parte da consellería.