Trala parálise que ten sufrido este comité encargado de velar pola seguridade e saúde dos traballadores da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, o 17 de xullo constitúese un novo comité no que se renovan os representantes por parte da administración, se elixe Presidente (vicesecretario xeral da consellería) e a Secretaría queda nas ooss (CSIF).
Destacar a ausencia de representantes por parte do Servizo de Prevención propio da Xunta de a Galicia (SPRL) ou alleo (Mugatra).

Trátanse ademais cuestións reclamadas dende hai tempo dende a CIG, como:

AVALIACIÓN DE RISCOS DOS POSTOS ADSCRITOS AO SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA e posta en marcha do Plan de Acción. Ao non estar o Servizo de Prevención, non saben dar unha resposta clara da programación das avaliacións pero recoñecen a ausencia de avaliación dos postos por RPT na CMATI.

AVALIACIÓN URXENTE DAS TAREFAS DE INSPECCIÓN DE SUPOSTOS ATAQUES DE LOBO SOBRE O GANDO PARA EVITAR TRASMISIÓN DE ENFERMIDADES. Esta solicitude da CIG que data de outubro de 2013 non se lle aporta solución e, ainda que dende a administración afirman que xa estan facendo xestións”, insistimos na necesidade urxente dunha avaliación dos protocolos tendo en conta os riscos nesta actividade.

UNIFORMIDADE E ROUPA DE TRABALLO NO SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA. Planease dende a Vicesecretaría Xeral unha proposta de licitación con prazo para aportar achegas ata o 23 de XULLO. Recoñecen así os escritos de demanda recibidos por parte dos axentes forestais/medioambientaois e da CIG  logo de 6 anos dende a anterior dotación.

  • Personal laboral: Axustarase ao acordado no V Convenio (postos, numero de prendas e  tipoloxía).
  • Personal Funcionario (escala de axentes medioambientais e axentes forestais). Aquí destacamos a necesidade da súa regulamentación, ademais:
    • -Redución de prendas con respecto a dotación anterior pola “situación económica mais desfavorable”.
    • -Calidade similar a anterior e mesma cor (Pantone 19-0414).
    • -Anagrama cosido ou bordado (aberto a propostas). Reducción de anagramas (a consellería e escala e escudo).
    • -Dende a CIG reclamamos uniforme da escala igual, sen diferencias no deseño, cor e distintivos por consellerías.
    • -Botas de calidade, segundo destacou o vicesecretario xeral.
    • -As prendas-EPI específicas aportaranse por petición servizos provinciais, mantendo distintivos e uniformidade (exemplo traxes auga embarcación, chaleco, badeadores, material alta montaña…). Non irán neste concurso e mercaranse segundo necesidade.

Podes consultar o prego aquí (calidade e prendas propostas), e facernos chegar as tuas achegas.

Pídese dende as OOSS a REVISIÓN DA AVALIACIÓN DO EDIFICIO DA CONSELLERÍA EN SAN LÁZARO E O SEU ARRANXO,  xa que presenta multitude de deficiencias, no especial goteiras e filtracións.