A Xunta de Galicia ultima o anteproxecto da Lei de Emprego Público de Galicia, onde entre outros graves recortes e retrocesos para o persoal da administración pública, temos que salientar a DEROGACIÓN DA LEI DA ESCALA DE AXENTES FACULTATIVOS MEDIOAMBIENTAIS.

Logo de máis de 20 anos de loita para procurar unhas mellores condicións para o colectivo de axentes forestais en apenas dúas semanas destrozan e dilapidan a súa base: a especialidade na titulación requirida. Ademais rebaixan a titulación mínima esixida nas  escalas, e a abren tamén a tódalas titulacións superiores.

Deste xeito nos quedamos de novo no Ciclo Medio, co que os esforzos do colectivo en canto a formación e a oposición pola integración da escala de axentes forestais na de axentes facultativos medioambientais quedan en nada.

Unha lei de Emprego Público imposta, sen negociación real, á que tódalas organizacións sindicais dixemos NON!

Convocámoste a asembleas en tódolos distritos, co obxecto de informarte e deseñar xuntos a loita e defensa do colectivo de axentes forestais e axentes facultativos medioambientais da Galiza.

Datas e horarios das asembleas en Ourense:

O CARBALLIÑO: Oficinas do Distrito Forestal XI, 3 de novembro ás 9:00 h

OURENSE: Oficinas do Distrito Forestal XII, Lonia s/n, 3 de novembro ás 12:00 h

BANDE: Oficinas do Distrito Forestal XV, 4 de novembro ás 9:00 h

VERIN: Distrito Forestal XIV, 4 de novembro ás 12:00 h

O BARCO DE VALDEORRAS: Distrito Forestal XIII, 10 de novembro ás 10.00 h