Novas por contido

O Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta de Galiza xuntouse cos distintos grupos parlamentares o martes 11 de novembro co obxecto de promover a derrogación da Lei 1/2012 de medidas temporais do emprego público e informarlles das consecuencias da mutilación do V Convenio Colectivo pola suspensión do seu artigo 19.1º parágrafo.

Fomos recibidos inicialmente por BNG, PSOE e AGE. O PP recibiunos posteriormente, despois de que en rolda de prensa denunciaramos que non respostaran á nosa petición de xuntanza.

Estes foron os puntos principais expostos:

- Denunciamos o incremento das xornadas de traballo anuais (entre 29 e 31), pola non compensación dos domintos e festivos traballados.
- Existencia de alta sinistralidade na área de benestar, maioritariamente por sobreesforzo muscular e articular, producíndose, principalmente, nos tramos de edade superiores aos 50 anos.
- Enorme diminución de postos de traballo (1.500 postos menos que antes da entrada en vigor da Lei, por 680 amortizacións e 800 contratos de acúmulos que deixaron de formalizarse).
- Quendas de traballo que chegan ata nove días consecutivos.

BNG, PSOE e AGE mostráronse conscientes da realidade exposta e acordaron presentar unha serie de medidas como: baterias de preguntas, interpelación, emendas nos vindeiros plenos e, inclusive, organizáronse visitas a algúns centros.

O PP, que como dixemos recibiunos só despois de que denunciásemos públicamente que non se dignaran a respostarnos, recoñeceu que no mes de marzo xa decidiran prorrogar un ano máis a Lei de medidas xa que ainda non se daban as circusntancias económicas favorábeis para a súa derrogación e que somos a comunidade con menos emprego público destruído e menor perda retributiva. Esta afirmación de que deben manter os recortes polas circunstancias económicas negativas contradín a chulería coa que os membros do goberno do estado e outros líderes do PP están a gabarse da mellora dos indicadores económicos de PIB e déficit público.

Tampouco entende o PP a contradición existente sobre os recortes que propicia o mantemento desta Lei e o informe da Organización Internacional do Traballo ("España: crecemento con emprego"), que incide en recomendar incrementar a calidade do emprego e que xa chegou o momento de aumentar os salarios, facendo fincapé na negociación colectiva cando aconsellan incrementar a cobertura dos convenios colectivos. Tamén a Unión Europea está a manifestar estes días que os recortes salariais da clase traballadora foron excesivos.

Outras novas recentes

Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...