As organizacións sindicais estamos convocadas para unha nova Mesa Xeral de Negociación, o venres 21, na que vamos tratar os seguintes asuntos: promoción interna dos corpos xerais, criterios para a oferta de emprego público do 2014, e relación de postos de traballo de cultura e da EGAP.

Cunha lectura rápida das distintas propostas, podemos sacar un resumilo moi rápido: fan o que lles sae das narices, pasan o rolo por riba sen maior miramento desprezando aos empregados e empregadas públicas e aos servizos públicos.

Para a promoción interna de corpos xerais entregaronos exactamente as mesmas propostas de bases que as que nos entregaran para a xuntanza do día 1 de agosto e que motivara que os sindicatos nos levantaramos da xuntanza con Función Pública. Descargar.

Os criterios da oferta de emprego público do 2014 é un documento xenérico no que non existe cuantificación da oferta, non fala de promoción interna e non fala da forma de acceso. Descargar.

A proposta de RPT da consellería de cultura e educación consiste exclusivamente na eliminación de 16 postos de traballo da área de cultura. Descargar.

A proposta da RPT da EGAP consiste na eliminación dun posto de telefonista. Descargar.

As propostas son idénticas ás que xa discutimos en xuntanzas previas á Mesa Xeral para todos os puntos, agás para o de criterios da oferta de emprego de 2014, simplemente porque para este asunto non existiu unha xuntanza previa.